Concello da Estrada

Cultura

Ventín Cerviño, Segundo

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Ventín Cerviño, Segundo Biografía Nace en Codeseda ( A Estrada) no ano 1.936, no seo dunha familia de labradores. Seu pai e dous irmáns seus foron fusilados en Zamora en decembro dese mesmo ano “ por ser uns ninguéns, uns canteiros con carné socialista”- Pasa a súa xuventude na aldea de Monteagudo en contacto directo coa agricultura. Aos oito anos mándano ao colexio privado que rexentaban Miguel Sieiro e Manuel Iglesias Cabada ( curmán do poeta Cabada) no Codesal. Alí estudou ata 6º de Bacharelato e alí descubriu a súa febre poética. O 6º, PREU e Reválida fíxoos no instituto vello da Estrada, onde publicou o seu primeiro poema nunha revista de alumnos. Mais non escollerá carreira de Letras, senón que Medicina ( “  quería ser rico coma os médicos e non morto de fame coma os poetas”). Alí  perdeu dous anos da súa vida estudando para algo que non era a súa vocación. Despois fai por libre a carreira de Maxisterio. O na Normal de Pontevedra. No ano 1.956 volta a Codeseda onde monta unha academia privada na casa de Vilas, onde el estudara. No ano 1.960 aproba as oposicións de Maxisterio. O seu primeiro destino foi á escola mixta de Armonda ( Campo Lameiro) onde pasou dous cursos. Despois pasará cinco cursos en Anllares do Sil, un pobo leonés e de alí voltou á escola mixta de Chacente ( Campo Lameiro). No ano 1.976 inaugúrase o Colexio Público onde exercerá como sub-director e cinco anos despois será director. Participará en todo tipo de actividades e exercerá dos máis diversos cargos, como Secretario de Cámara Agraria, correspondente do I.N.S.S., teniente de alcalde, secretario da sociedade de caza e do Club de fútbol… Finalmente trasladarase ao C.P. Isidora Riestra de Poio, de onde pasará a ser profesor de Lingua Española no IES dese mesmo concello, ata que se xubila no ano 2.001.   A pesar de pasar case toda a súa vida escribindo, normalmente para os seus alumnos e tamén para os seus compañeiros, será pouca a súa obra que se verá publicada, permanecendo polo tanto case toda esta obra inédita ata o momento. Ademais moita da súa obra está en castelán, tamén sen publicar.   Cómpre salientar o seu relato de Literatura Infantil e Xuvenil O REI DE OVISTERRE ( Edit. Edelvives, 1.992) que acadou algo impensable para moitas obras escritas no noso idioma, unha tirada de 4.000 exemplares vendidos. Polo que respecta á lírica, teremos que destacar a obra INSTANTES DE  SENTIMIENTO ( Edición do propio autor, 1.993) que  está formada por poemas en castelán e en galego.  Concretamente os poemas en galego, que acadan a 3ª parte da obra, están so o título de “ Versos para miña terra”. Permanecen inditas pequenas pezas de teatro, coma: “ Biografía da primavera en catro tempos”, “ A fuga a Exipto”, “ A nova mestra”… e asimesmo relatos coma: “ O coelliño”, “ A deusa do mar”… Obra Auto de Nadal Autor: Ventin Cerviño, Segundo Editorial: Edicións Fervenza Descripción: Pequena peza teatral, que coma ben nos presenta no título, describe o nacemento da figura de Xesús de Nazaret. O rei de Ovisterre Autor: Ventin Cerviño, Segundo Editorial: Edelvives Páxinas: 45 Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica

Varela Lorenzo, Lina

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Varela Lorenzo, Lina Obra Otras recetas de Lina Autor: Varela Lorenzo, Lina Editorial: Edicións do Castro Descripción: Versión aumentada e corrixida da anterior Las recetas de Lina, que ten a súa orixe no Receitario popular, recompilado pola nai de Lina. O libro é un compendio de receitas de fácil realización, ben explicadas, que resulta suficiente para organizar unha dieta familiar, correcta e sa.

Varela Buxán, Manuel Daniel

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Varela Buxán, Manuel Daniel Biografía Nace no lugar de Sanlouzáns – Lamas ( A Estrada) no ano 1.909. Aos tres anos levarano para o lugar do Carballal, na mesma parroquia, a vivir con Dª Pilar Figueiras, quen o coidará ata o ano 1.919. Do ano 1.915 ao 1.919 irá á Escola Unión de Rubín ( A Estrada). Alí comezará coas súas primeiras lecturas dos clásicos galegos e de fóra. Do ano 1.919 ao 1.920 trasládase a  Cádiz onda o seu padriño. No 1.921 finou Dª Pilar Figueiras e el  irase vivir cos seus pais ao lugar das Pallotas, en Cercio ( Lalín),  polo que pasou a ser coñecido co nome de “ Daniel das Pallotas”.   No 1.930 embarcará en Vilagarcía cara á Arxentina, travesía na que comezará a escribir a súa primeira peza teatral. Alí porase a traballar de garda de tranvía e posteriormente nos máis variados traballos, e tamén rematará a obra que principiara no barco.   Tamén formará parte do coro “ Lembranzas da Terra”, mentres matinaba na creación dunha compañía teatral. Chegou a formar un grupo e comezou cos ensaios da súa obra “ Se ou sei… non volvo á casa”. A súa compañía vaise converter na primeira compañía profesional de teatro galego e actuará nos mellores teatros da Arxentina e asimesmo no Teatro Solís de Montevideo.   Por fin no 1.938 a “ Compañía de Arte Regional Gallego Aires da Terra” porá en escena a súa primeira obra. Esta  compañía máis adiante mudará de nome, pasando a chamarse “ Compañía Galega Maruxa Villanueva”, a que irá pondo en escena asdiferentes obras teatrais que ían saíndo da pluma de Varela Buxán. Esta mesma compañía será a que o 14 de Agosto do 1.941 estreará no Teatro Mayo de Buenos Aires “ Os vellos non deben de namorarse” do seu gran amigo Castelao co propio Varela Buxán á cabeza na dirección. O mesmo Castelao lle dará o seudónimo con que el adoitaba referirse a el: “  o filósofo do arado”. Ese mesmo ano casará con Maruxa Villanueva ( María Isaura Vázquez Blanco), da que se separará no ano 1.945. No ano 1.950 Varela Buxán voltará á súa Galiza. Do 51 ao 53 estudará o bacharelato elemental no Instituto de Ourense e despois cursará a carreira de  Técnico Sanitario na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela. No 1.966 volverá contraer matrimonio, desta vez con Dª Luísa García  Santoandré. No ano 1.974 recibirá en Sarria o premio “ Meigas e Trasgos”. No ano 1.977 será nomeado Fillo Adoptivo de Lalín, polo Concello de Lalín. No 1.983 voltará de viaxe a Buenos Aires onde recibirá a homenaxe do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, na Biblioteca do Centro Galego de Buenos Aires. No ano 1.985 recibirá unha fonda homenaxe polo Concello da Estrada. Finou o 25 de Setembro do 1.986. No Ano 1.996 o Concello de Lalín organiza o 1º Premio de Relato Curto “ Varela Buxán”. E no ano 1.998 o Concello da Estrada adicaralle ese ano á memoria da súa figura.   A súa primeira obra comezou a escribila xa no mesmo barco que o levou á Arxentina e titulábase SE OU SEI…NON VOLVO Á CASA, obra que se porá en escena  no ano 1.938.  No ano seguinte estrearase a súa obra POLA NOSA CULPA. Tamén este mesmo ano será posta en escena a súa peza GALICIA CANTA. No ano 1.940 estreouse a obra ¡ POR BORRACHÍNS! ;  asimesmo porase por primeira vez en escena este ano a obra A XUSTIZA DUN MUIÑEIRO, nun festival en honra a dona Virxinia Pereira de Castelao.   O ano 1.941 posiblemente sexa o ano máis  prolífico no seu  quefacer teatral,así estreáronse as súas obras TABERNA SIN DONO, O BRAZO PARTIDO, AS TRES MARUXAS, MEU PAI, TRISTE RETORNO e O FERREIRO DE SANTÁN.  Pero tampouco se pode pasar por alto que a súa compañía e el mesmo como director puxeron en escena por primeira vez a obra clásica da nosa literatura do seu gran amigo Castelao “ Os vellos non deben de namorarse”.   Xa de volta á súa terra, no ano1.956, porase en escena por primeira vez a súa obra ¿PISTA OU PESTE?   No ano 1.971 escribirá o prólogo á obra “ Gándaras”, primeiro libro de poemas do seu amigo Xosé Vázquez Pintor.   No ano 1.975 publicaranse nun libro as súas obras O FERREIRO DE SANTÁN e TABERNA SIN DONO ( Edicións Celta, 1.975). No ano1.977 sairán á luz nun libro as súas obras A XUSTIZA DUN MUIÑEIRO e SE OU SEI NON VOLVO Á CASA ( Impr. Paredes, 1.977).   No ano 1.981 publicáronse nun libro, baixo o título de O CEGO DE FORNELOS E OUTRAS COMEDIAS CURTAS, DIÁLOGOS E MONÓLOGOS as obras O CEGO DE FORNELOS, TRISTE CHEGADA; OS CASADOS DE POUCO; ¿ PISTA OU PESTE?; DE MULLERES…NON ME FALES; ¡ MEU PAI! ; SALAIOS DUN VELLO LABREGO ( Impr. Paredes, 1.981).   X postumamente sairán de novo á luz a súa obra ¿ PISTA OU PESTE? ( Edicións Fervenza, 2.003) e GRACIAS, PADRE RAMÓN ( Seminario de Estudios Deza, 2.004), tradución e adaptación de Xosé Luna, obra quefora escrita en castelán e posta en escena por primeira vez no ano 1.943 e tamén publicada no ano 1.987 ( Imprenta Gráfica La Plana).

Valladares Núñez, Marcial

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Valladares Núñez, Marcial Biografía Nace en Vilancosta – Berres ( A Estrada) no ano 1.821. Feitos os primeiros estudos, vai ter un profesor particular de latín o que, unido a un ambiente familiar moi culto, vai marcar o futuro de Marcial. Con doce anos irase para Santiago de Compostela estudar os dous primeiros cursos de bacharelato; o terceiro realizarao en Ourense por mor do traballo do seu pai. Unha vez acabado o bacharelato ponse a estudar a carreira de dereito, acadando a titulación de Licenciado en Xurisprudencia no ano 1.842. No ano seguinte volta a Compostela para asistir ás clases de Francés e á cátedra de Historia Natural, dirixida polo doutor Casares. No ano 1.844 desprazarase para Zamora onde o seu pai ocupaba a praza de Intendente. A familia Valladares voltará a Galiza no ano 1.850, a Ourense, pero seu pai decide retirarse definitivamente a Vilancosta. Nestes intres Marcial Valladares vai desenvolver unha intensa actividade política e así no 1.852 resulta electo Deputado Provincial por Tabeirós, cargo no que durará ata o 1.866, data na que,como antes fixera o seu pai, se retirou a Vilancosta. No ano 1.861 presidirá a inauguración dos “ Juegos Florales” no teatro de Pontevedra. No ano 1.880 será nomeado “ Miembro Correspondiente” da Real Academia Española. No 1.884 será nomeado “ Socio de Mérito” pola “ Sociedade Folklore Gallego”.   Marcial Valladares finará no ano 1.903, en Vilancosta. No ano 1.970 a Real Academia Galega adicaralle o “ Día das Letras Galegas”, e no ano 2.003 o Concello da Estrada adicará o ano á súa figura.   O seu primeiro poema en galego data do ano 1.844 “ A un paxariño”. A partir de aquí seguirá a escribir poemas, pero no ano 1.850 comezará a confeccionar o seu DICCIONARIO GALLEGO – CASTELLANO, que será publicado no ano 1.884 ( Biblioteca El Libredón, Santiago). Este dicccionario verase ampliado por dúas veces: a primeira no ano 1.896 co NUEVO SUPLEMENTO AL DICCIONARIO GALLEGO – CASTELLANO e posteriormente no ano 1.902 co NUEVO APÉNDICE AL DICCIONARIO GALLEGO – CASTELLANO.   No ano1.955 comezou a súa ELEMENTOS DE GRAMÁTICA GALLEGA, obra que rematará no ano 1.892, pero que permanecerá inédita ata o ano 1.970 ( Edit. Galaxia).   No ano 1.862 participará no “ Álbum de la Caridad”.   Do ano 1.867 data o manuscrito do seu CANTIGUEIRO POPULAR e do  1.879 dátase o seu APÉNDICE Ó CANTIGUEIRO POPULAR, obras que aparecerán integramente publicadas na obra MARCIAL VALLADARES NÚÑEZ : CANTIGUEIRO POPULAR elaborada por Xosé Luna Sanmartín ( Fundación Cultural da Estrada, 2.004). No ano 1.870 escribe a súa novela MAXINA OU A FILLA ESPÚREA, a primeira novela longa da nosa literatura, que será publicada por primeira vez no ano 1.880 por entregas na revista dirixida por Manuel Murguía, “ La ilustración gallega y asturiana”, ( Vía Láctea, 1.987; Edicións Xerais de Galicia, 1.991; Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia, nº 6, 2.001).  

Valladares Núñez, Avelina

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Valladares Núñez, Avelina Biografía Naceu en Vilancosta – Berres ( A Estrada) no ano 1.825.. Nace no seo dunha familia fidalga e posuidora dunha gran cultura. Porén estamos perante un ambiente totalmente propicio para a actividade artística. Po outra banda tamén estaba omnipresente un ambiente relixioso, algo que tamén marcará a súa poesía. Do 1.859 ao 1.865 desempeñará o cargo se Secretaría da Xunta Parroquial de Beneficiencia de Berres, e así no 1.864 será recompensada coa “ Cruz de Beneficiencia de segunda clase” e un diploma acreditativo en recompensa dos seus humanitarios servicios. Con todo, soubo sobrepoñerse ao ambiente hostil que lle poida supor o ser muller e escritora na época e da súa pluma comezou a abrollar literatura. Finou no ano 1.902, na casa de Vilancosta, onde pasara toda a súa vida, agás unha breve estadía, por mor do traballo de seu pai, en Zamora. No ano 2.000 o Excmo. Concello da Estrada adicou o ano á lembranza da súa memoria. Os seus poemas en galego foron publicados por separado en diferentes medios da época e algún deles en varios; así temos que apareceron en: “ Eco de Galicia”, de Buenos Aires, “ El Heralgo Gallego”, “Almanaque Gallego” de Buenos Aires, “ El Emigrado”, “ El Compostelano”, “ La Gran Patria” de Santiago… Finalmente aparecerán todos recompilados na obra de Xosé Luna Sanmartín, OND ´O SOL FACHEABA Ô AMAÑECER ( Ed. Fouce, 2.000).

Tarrío Barreiro, Andrés

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Tarrío Barreiro, Andrés Obra O Val do Ulla. Unha comarca natural. Autor: Tarrío Barreiro, Andrés Editorial: Asociación Raiceiros Descripción: Neste traballo sobre a comarca da Ulla, aparecen aportacións novidosas, resultado dun estudo rigoroso, proporcionando un mellor coñecemento espazo-temporal desta zona. O lector ten asegurada unha apaixonante viaxe polas terras bañadas polo río Ulla, con moitos tesouros para descubrir.

Sanmartín Sobrino, Maximino

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Sanmartín Sobrino, Maximino Biografía “ Mala cousa é cando un non ten biógrafos e temos que escribir unha autobiografía para deixar constancia de que existimos como escritores, o que se presta ademais a non ser obxectivos e arrima-la ascua á nosa sardiña. Pero un é ben mandado e atéñome. Son Maximino Sanmartín Sobrino. Nacín na Estrada no ano 1.926. Cando aínda non cumprira os dez anos asistín, asustado, ás primeiras convulsións da Guerra Civil, da chamada Guerra Ci vil. Coido que dende aquela quedaron definidas as miñas tendencias políticas. Comecei cedo a escribir versos –falo de versos, que non de poesía- aos dez ou doce anos, cunha precocidade que soamente marcaba unha vocación e, se acaso, unha facilidade. Dende entón,initerrumpidamente, aínda que podeque con laspus de lustros ou de décadas, seguín escribindo ata hoxe e publiquei seis libros de poemas. Teño unha certa escravitude da rima e unha grande fidelidade ao soneto. Acúsanme,e con razón, de quea facilidade para versificar é a miña inimiga e que debese castigala máis. Estou totalmente dacordo; pero trato de autoxustificarme con que a vida de traballo, dende a emigración ata hoxe, tiveron as miñas prioridades, o que pode que non fose acertado. No ano 1.995, cos setenta a caer, outórgaseme o” Primer Premio de Poesía El Imán” e publícase o meu primeiro libro, no que se recollerón versos escritos dende os dezasete anos. E xa de corrido publiquei outros, en todos eles alternando español e galego, salvo o último só en galego. Dirixín “… y cinco minutos para la poesía”, en Televigo, con máis de cen programas emitidos.” As súas obras son singulares xa que nelas soen convivir os dous idiomas: o galego eo español, aínda que en case todas predomine este último. Comezou coa obra SOMBRA DE UN ARBOL SIN HOJAS ( Ed. Guimarey Puente, 1.995), onde cada un dos diferentes apartados da obra comeza cun poema en galego para lles dar paso aos poemas en español. A continuación publicou REFLUXOS ( Ed. Guimarey Puente,1.999), que é a súa obra escrita integramente en galego ( só hai un poema en español). Neste mesmo ano publicará ANTROPOLOXÍA POÉTICA ( Ed. Guimarey Puente,1.999), onde o seu último apartado titulado “ Na miña lingua” estará reservado exclusivamente ao galego..E finalmente publicou SONETOS Y SONATAS ( Ed. Guimarey Puente, 2.000), onde aparecerán inseridos algúns poemas en galego. Obra Poemas para el 7º día Autor: Sanmartín Sobrino, Maximino Editorial: Guimarey Puente, S. L. Descripción: Libro de poemas de temática diversa: amor, amizade, poemas sociais,…Versos impregnados de madurez dun poeta xa consagrado dentro da nosa historia literaria. Refluxos Autor: Sanmartín Sobrino, Maximino Xénero: PoesíaEditorial: Ediciones Guimarey Puente, S.L. Páxinas: 79 Tamaño: 14,0 x 21,5 cms. Encuadernación: Rústica ISBN: 84-930951-0-9 Refluxos Sombra de un alma sin hojas Autor: Sanmartín Sobrino, Maximino Xénero: Poesía Editorial: Ediciones Guimarey Puente, S.L. Tamaño: 14,0 x 21,5 cms. Encuadernación: Rústica Descripción: Inclue cinta cassete coas voces de Juan Bravo, Elena Cáccamo, Aurora Maestre e Juan Carlos Martínez. Sonetos y Sonatas Autor: Sanmartín Sobrino, Maximino Xénero: Poesía Editorial: Ediciones Guimarey Puente, S.L. Páxinas: 102 Tamaño: 14,0 x 21,5 cms. Encuadernación: Rústica ISBN: 84-930951-0-9 Veinte canciones desesperadas y un poema de amor Autor: Sanmartín Sobrino, Maximino Xénero: Poesía Editorial: Ediciones Guimarey Puente, S.L. Páxinas: 47 Tamaño: 14,0 x 21,5 cms. Encuadernación: Rústica ISBN: 84-930951-2-5

Sanmartín Rei, Goretti

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Sanmartín Rei, Goretti Biografía Naceu na Estrada no ano 1.964. Fixo os seus estudos na Estrada, pasando posteriormente a licenciarse en Filoloxía Galego – portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. É doutra pola Universidade da Coruña coa Tese “ Os paratextos galegos ( 1.916 – 1.936). Análise sociolingüistica dos prólogos”.   Profesora de Lingua e Literatura galegas do Instituto de Idiomas da Universidade de Santiago e de ensino secundario en Santiago de Compostela, A Pobra do Caramiñal e Boqueixón;  é na actualidade profesora Titular de Universidade na área de Filoloxía Galega e Portuguesa do Departamento de Galego – Portugués, Francés e Lingüistica da  Universidade da Coruña,institución en que nestes momentos dirixe o Servizo de Normalización Lingüistica.   Publicou as obras O TEATRO DE XAN DA COVA ( LA GALICIANA MARÍA PITA) ( Biblioteca – arquivo Teatral F. Pillado Mayor, 2.002), LENDO NAS MARXES. LINGUA E COMPROMISO NOS PARATEXTOS  “(1.863-1.936) ( Espiral Maior, 2.002) e OS ( PRE) TEXTOS GALEGOS ( 1.863-1.936). ESTUDIO E ESCOLMA DOS PRÓLOGOS ( Sotelo Blanco, 2.002). É coautora de varios libros de texto realizados baixo a supervisión da Asociación Socio- Pedagóxica Galega e todos eles publicados por “ Promocións Culturais Galegas”. Así temos: “ Lingua e Literatura 1º ESO” ( 1.996), “ Lingua e Literatura 2º ESO” ( 1.997) “ Lingua e Literatura 3º ESO” ( 1.999) , “ Lingua e Literatura 4º ESO” ( 1.999) e “ Lingua 1º bacharelato” ( 1.999). Ademais colaborou coa unidade “ A prosa didáctica” na HISTORIA DA LITERATURA GALEGA ( ASPG – A Nosa Terra, 1.996) e tamén realizou a ANTOLOXÍA DA PROSA DIDÁCTICA, SÉCULO XX ( ASPG – A Nosa Terra, 1.997).  Escribiu o artigo “ O estilo de Ramón Otero Pedrayo”,  en colaboración con Carme Fernández, publicado en ESTUDOS DEDICADOS A RICARDO CARVALHO CALERO ( Parlamento de Galicia / Univ. de Santiago de Compostela, 2.000). Realizou, en colaboración con Mª Pilar García Negro, a “ Edición, introdución e notas” á obra de  Ramón Vilar Ponte O FEITO LINGÜISTICO GALEGO ( ASPG, 2.001).  Asimesmo, en colaboración con Manuel Ferreiro, realizou a “ edición, introdución e notas” da obra de Ramón Cabanillas A VIRXEN DO CRISTAL. LENDA DE CURROS ENRÍQUEZ AXEITADA PARA ÓPERA (Biblioteca- Arquivo teatral F. Pillado Mayor, 2.002).  Ademais escribiu o artigo “ O agoiro profético dos novos tempos:  reflexións sociolingüisticas non prefacios de Ribalta” para a HOMENAXE AO PROFESOR PÉREZ RIESCO ( Universidade da Coruña, 2.002)

Rodríguez Ribeira, Bernardo

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Rodríguez Ribeira, Bernardo Biografía Naceu na aldea de Pouso – San Xiao de Vea ( A Estrada) no ano 1.853. Despois á escola parroquial, no ano 1.865 vai estudar para o Seminario Conciliar de Santiago de Compostela. Permanece no Seminario ata cursar o primeiro ano de Filosofía. Perante o temor de ser chamado para formar parte do exército e ante  o seu pacifismo decide abandonar un futuro no sacerdocio e coller o camiño da emigración. Así a finais do ano 1.873 colle rumbo a Buenos Aires. Cos recén cumpridos 21 anos chegou á Arxentina onde, debido á súa formación, lle foi moito máis doada a integración.  Así no ano 1.881 confíanlle a clasificación da ampla e variada biblioteca da Universidade de Buenos Aires. O seu bo labor levarao á  máxima consideración dentro desta Universidade. Asimesmo mergullarase nos ambientes literarios da cidade, e converterase nun asiduo colaborador de diferentes xornais e revistas coma “ Eco de Galicia”, “ Almanaque gallego”… Viaxou a Galiza de visita no ano 1.905. No ano 1.916 xubilarase como contador – bibliotecario da Universidade de Buenos Aires. Serian moitísimos os premios   honoríficos que se lle concederon, e moitos os cargos que desempeñou nas máis  variadas entidades galegas, especialmente culturais, coma “ Membro Correspondente” da Real Academia Galega da Coruña ( 1.905), Vicepresidente do “ Centro Gallego de Buenos Aires” ( 1.913), “ Presidente Honorario” da  “ Sociedade Hijos de La Estrada” ( 1.915),  Presidente da “ Asociación Protectora de la Real Academia Gallega” ( 1.919), etc… Con sesenta e sete anos voltou de novo de visita á súa terra. Nesta viaxe D. Manuel Murguía, Presidente da Real Academia Galega,  proponlle a presidencia da sesión dun acto a celebrar en Mondariz no 1.920, xentileza que Bernardo non aceptou debido á súa modestia.   Volta á Arxentina, onde finará no ano 1.924. No ano 2.002 o Concello da Estrada adicaralle o ano á honra da súa figura.   A súa pluma elaborou dos máis variados relatos e artigos espallados en diferentes xornais e revistas da época.  Estes relatos e artigos serán recolleitados por  D. Olimpio Arca Caldas na obra BERNARDO RODRÍGUEZ RIBEIRA: EMIGRANTE SOBRANCEIRO ( Fundación Cultural da Estrada, 2.002).

Rey Chao, Manuel Anxo

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Rey Chao, Manuel Anxo Biografía Naceu na Estrada no ano 1.947. Faise mestre de Ensino Primario e asimesmo Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación.   No ano 1.974 constitué, xunto con outros mestres,  un grupo de renovación pedagóxica que promoverá, anos despois, a creación do Movemento Cooperativo da Escola Popular Galega, xerme dos actuais Movementos de Renovación Pedagóxica de Galiza.   Foi menbro do Consello Escolar de Galiza e tamén formou parte do equipo de Formadores en Didácticas Específicas que elaborou o Plan Galego de Formación Continuada do Profesorado de Niveis non Universitarios e exerceu como Director do Centro de Formación Continuada do Profesorado de Santiago de Compostela durante oito anos.   Durante o ano 1.983 formou parte da Comisión Organizadora do 1º Congreso de Movementos de Renovación Pedagóxica de España, que se celebrou  en Barcelona. Nas primeiras eleccións municipais da democracia foi concelleiro na Estrada. Actualmente exerce de Mestre. Ten publicada unha obra narrativa titulada TEMPOS NO ESPELLO ( Tórculo Edicións, 1.993) e varios ensaios en col dos diferentes aspectos do ensino. Así temos:  A REFORMA EDUCATIVA. CLAVES PARA UNHA ANÁLISE ( Tórculo Edicións, 1.991),  GUÍAS PARA A ELABORACIÓN DE PROXECTOS CURRICULARES DE EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA ( Tórculo Edicións)  A PLANIFICACIÓN DA FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA( Tórculo Edicións).   Tamén é autor, en conxunto con outros autores, de libros de texto de Lingua Galega e as súas guías didácticas para o ciclo medio de Primaria ( Edit. Galaxia – S. M.).Asimesmo é un asiduo colaborador con artigos referentes ao ensino en “ La Voz de Galicia” e “ El Correo Gallego” coma: “ O texto libre: páxina de pedagoxía”, “ A Creatividade literaria na Educación Xeral Básica”… Obra Tempos no espello Autor: Rey Chao, Manuel Anxo Editorial: Tórculo Ediciones Descripción:Esta é a primeira incursión do autor na novela. É unha historia de desamor, cun relevante trasfondo pedagóxico.

Scroll al inicio
Ir al contenido