Concello da Estrada

El Ayuntamiento

Parroquias

Preto da Ponte Sarandón conta cunha das máis fermosas casas solariega da comarca: O Pazo de Preguecido.A parroquia ten seis lugar

Inmersa no Val do Ulla alto e baixo, é un espléndido mirador natural do Pico Sacro.

Conta cunha igrexa con interesantes restos románicos así como os restos do antigo Convento de Sta. Clara.
Está composta por oito lugares.

Igrexa con restos do románico que se calculan no século XII.
Ten seis lugares.

Unha das feligresías máis antigas, recorrida polo río Umia.
Lugar de pesca de troitas abundante.
Ten dez lugares.

Dignas de visitar a capela da Virxe de Granada e das Neves.
Forma un fermosísimo val na paraxe ribeireña do Ulla.
Ten dezaoito lugares.

Un fermosísimo mirador natural hacia o Val do Vea, Ponte Vea e as terras de Compostela.
Ten catro lugares.

Dominada polo Castro de Barbude, en perfecto estado,onde se divisa en perfecta panorámica o norte da Estrada.
Formada por catro lugares.

Capela de San Xoan do Caeiro, cun fermoso cruceiro enfrente.
Ten a parroquia dous lugares.

Ribeireña do Ulla, conta con fermosísimos paisaxes fluviais e o Coto Salmoneiro de Sinde.
Tamén as ruinas do muiño das «Pesqueiras de Sinde».
Ten sete lugares.

Cuna de homes de letras, os Irmáns Valladares, Ken Keirades, Martínez Oca, …
Centro da artesanía da madeira e o torneado.
Está constituida por quince lugares.

Destaca a antiga casa señorial de Valiñas, coa súa capela e no xardín unha inmensa sobreira de varios metros de perímetro.

Conta cunha igrexa do século XII con restos primitivos románicos e co castro que lle presta o nome, un dos máis notables cun mirador sobre Ulla, fronte ó Pico Sacro e o antigo viaducto do tren.
Ten doce lugares.

Cruce de camiños cara as terras de Forcarei.
O domingo seguinte a S. Xurxo celebra a «festa da carne», romaría onde se subastan as distintas partes do porco.
Ten esta parroquia sete lugares.

A parroquia máis extensa do municipio, nun aberto val de montaña cruzado polo Umia que a dota de numerosos e fermosos rincóns fluviais.
Conta tamén con importantísimos restos do románico na súa igrexa.

Parroquia ribeireña do Ulla e cercana a Ponte Vea.
Contan as lendas que estaba comunicada por un pasadizo subterraneo dende unha torre nunha illa do centro do río, co Pico Sacro.
Ten seis lugares.

A súa ponte de traza románica conta con seis arcos.
A casa solariega das «Pesqueiras» do Conde de Ximonde é un exemplo de coidado e restauración.
Máis cara abaixo está o célebre couto salmoneiro de Couso cruzado pola súa non menos célebre ponte colgante.
Ten seis lugares.

Conta cunha igrexa do século XIX e sobre todo coa tamén perfectamente restaurada e coidada «Casa de Recarey» coa súa capela, hoxe abandoada.
Ten trece lugares.

Contenido del conmutador

O seu nome provén de que antigamente residiu alí unha comunidade de frades.A súa igrexa e unha verdadeira xoia arquitectonica de comenzos do seculo XII.
Ten sete lugares.

Moi coñecida pola súa Torre-Forte, a Torre de Guimarei, é a supervivinte unha vez desaparecida a antiga Torre da Barreira.
Ten esta parroquia dezaseis lugares.

No seu campo de Gándaras celebrouse en 1915 unha das primeiras concentracións agrarias. Un monolito da época conmemora o feito.

  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

 
 
 
 
 
 
 

Parroquia da que é orixinario D. Daniel Varela Buxán, unha das figuras do teatro galego.
Está composta por oito lugares.

No límete con Forcarei, as lendas falan da poder de encantamento das campás da súa pequena igrexa.

Situada no Ulla Alta, conta cunha igrexa románica que conserva unhas trazas sin profanar.A porta do muro sur ten un lintel pentagonal.
Está formada por nove lugares.

É de destacar un castro con restos de cerámica, que foi fonte de varias lendas.
Tamén se atopan varias mamoas na zona do Alto da Cruz.
Son seis lugares os que á compoñen.

A súa igrexa románica a pesares de que tivo amplas remodelacións aínda conserva importantísimos restos románicos.
Nela son de destacar a sua coleccion de canzorros con figuras humanas, mostros e cabezas de animais.
Son nove os lugares que compoñen a parroquia.

Feligresía que data de 1480, conta co castro de Entrecastrelos.
Polo seu oeste da salida á parroquia de Arca e Souto.
Son seis lugares os que a compoñen.

Famosísima por contar co Pazo de Oca, un fermosísimo pazo, coñecido como o «Versalles galego» pola magnificencia dos seus xardíns.

Conta co castro de Viladefonso e sobre todo, na súa zona alta, coa Lagoa Sacra,fonte tamén de lendas sobre mouros e franceses.
Ten esta parroquia cinco lugares.

Famosa polo Castro de Castrovite.
Contou en tempos cunha fábrica de campás que exportou estas a varias igrexas de Galicia e Sudamérica.
Ten once lugares.

Igrexa románica de importancia, na que se fixo unha espléndida restauración recentemente.
Dende o seu atrio se divisa unha fermosa paisaxe da vila.
Ten seis lugares.

Encadrada nun fermoso val entre os montes de Rivela, dende o seu castro de Entrecastrelos se divisa o Pico Sacro.

Recibe a desembocadura do río Liñares e, no seu límite con Santeles, presenta a ponte románica mellor conservada do Concello.
Ten esta parroquia catro lugares.

Parroquia recostada na falda noroeste da cordilleira de Serride, apropiada para caza menor con belísimas vistas ata a zona marítima de Pontevedra.
Consta de sete lugares.

Inclinada cara o Val de Ulla, conta tamén con fermosos paisaxes cara estas terras.
Consta de sete lugares.

Unha igrexa románica das máis importantes do Concello.
Conta tamén co Pazo da Mota, o segundo en importancia tras o Pazo de Oca.
A parroquia ten nove lugares.

Ten dous dos máis fermosos cruceiros, un deles cun «Peto de Ánimas» situado frente a igrexa.
Tamén na parroquia están as casas señoriais dos Oteros, Cobián e Luces.
Ten once lugares.

Atópase ó borde do río Umia e conta coa casa señorial dos Ballesteros e co conxunto urbano e petreo de Aldea Grande, un dos máis fermosos rincóns da zona rural estradense.
Ten oito lugares.

Trátase dunha das feligresías máis antigas, e hai novas dela dende o século XII.
Tivo nos seus tempos un forte e unha casa señorial, a do Cantón, sede no seu momento do Concello da zona.
Tamén tivo unha importante feira.
A parroquia formanna trece lugares.

Famosísima por celebrarse nela a «Rapa das Bestas», é un pobo de casas e calexas de pedra con construccións de gran tipismo e frondosas e coidadas carballeiras.

Parroquia sita entre o río Ulla polo norte e o Liñares polo oeste, tivo unha importante feira no seu tempo, hoxe desaparecida.
Está composta por quince lugares.

Parroquia rodeada polo oeste polas altas montañas do Pedroso ou do Pedralba, aberta cara Guimarei, Parada ou Tabeirós hasta Pardemarín, a Rocha e San Sebastián.
Esta parroquia ten nove lugares.

Sita cara o suroeste do concello, cara o río Umia, polo norte e u oeste, os seus montes acollen ás bestas bravas da «Rapa».
O seu nome fai alusión a soutos apertados de castiñeiros os seus dous derradeiros lugares polo sur,están xa na faldra dos altos montes Cregos, tamén recreo de cabalos salvaxes.
Está constituida por nove lugares.

Antiga capital da zona e tamén antigo Archiprestazgo.
A súa igrexa conserva unha boa riqueza de arte románica.
Foi sede do Xulgado e do Concello durante o século XIX.
Ten trece lugares.

Parroquia que se atopa saíndo da Estrada hacia Santiago.
A súa construcción maís sobresaínte é unha igrexa con cruceiro á fronte, con vista parcial á vila.
En terreo da mesma encóntrase o Polígono Industrial da Estrada.
Ten cinco lugares.

A súa igrexa data do século XVI.
O seu párroco D.Bernardo de Rivas foi fusilado na guerra da Independencia ó facer tañe-las campás avisando da chegada do invasor. Os seus lugareños, apostados en Ponte Vea, causaronlles numerosas baixas ós franceses.
Consta de once lugares.

Nesta parroquia estivo situada en 1840 o cárcere de mulleres.
Un dos nativos da localidade,D. Manuel Ventura foi secretario da S.S. o Papa.
Ten quince lugares.

Forma parte das parroquias que compoñen o amplo Val dos Veas.
A súa igrexa xa foi consagrada no 1161 polo Obispo de Cora. Ten unha pía bautismal, o parecer, de orixe románico.
Como tódalas parroquias da súa beira é de fermoso paisaxe com amplas vistas e terra moi productiva.
Está composta por dezaseis lugares.

 

É a parroquia que abre o Val do Vea polo sur na estrada procedente de Cuntis a Ponte Vea camiño de Compostela.
Recórrea o regueiro chamado Bragada,principio do río Vea afluente do Ulla.
No lugar do Pazo tivo unha casa o Conde Ximonde
A parroquia ten doce lugares.

Ten un extenso e fermoso paisaxe dende a zona máis alta da parroquia.

Scroll al inicio
Ir al contenido