Concello da Estrada

Actuacións gratuítas polas afectacións nos nodos 4G e 5G

O 31 de outubro remata o prazo para que os usuarios de TDT soliciten as actuacións gratuítas polas afectacións nos nodos 4G e 5G

A entidade Llega 700 pon a disposición da veciñanza o número 900 831 902 para proporcionar información sobre posibles afectacións e o 900 833 999 para a resolución de incidencias.

A entidade Llega 700 informa de que o 31 de outubro, finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos de 4G e 5G.

De acordo á Orde Ministerial que regula este proceso, o prazo para solicitar as actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT, é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil.

Polo tanto, está a piques de finalizar o prazo habilitado de 6 meses, desde o aceso dunha ou varias das estacións que afectan o seu municipio, para resolver incidencias na recepción da TDT sen custo para os cidadáns.

No futuro, na Estrada poderíanse acender novas estacións base de telefonía móbil, se así o considerasen necesario os operadores para mellorar este servizo, nese caso volveríase a atender de forma gratuíta as incidencias que se puideran producir, abríndose un novo prazo de seis meses desde a data de aceso.

En caso de calquera dúbida ou de requirir información máis detallada ponse a disposición dos usuarios o teléfono gratuíto da Oficina Técnica de Concellos de LLEGA700, 900 831 902, onde se facilitará toda a información referente ás posibles afectacións ocasionadas por estacións base de telefonía móbil.

Lembramos que para poder atender no centro de atención ao usuario e poder resolver as incidencias, as persoas interesadas terán que comunicarse ao teléfono gratuíto 900 833 999 ou na seguinte ligazón: https://www.chega700.es/contacto.php

Scroll ao inicio
Skip to content