Concello da Estrada

Trámites

Servizo de sumidoiros

Que é ?A prestación polo Concello do subministro do evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede municipal de sumidoiros e o seu tratamento para depuralas.
Quen o ten que solicitar ?Os propietarios, ocupantes ou usuarios das vivendas e locais situados nas zonas donde se presta o servizo ( na actualidade no casco urbano e na parroquia de Codeseda ).
Non terán a obriga de facelo as parcelas derruídas, as declaradas ruínosas ou que teñan a condición de solar ou terreo, sempre que non fagan uso dos sumidoiros.
Que documentos hai que achegar?Unha solicitude asinada polo interesado.
Canto custa ?

– Alta no servizo ( a percibir dunha soa vez por dereitos de enganche )

Por vivenda : 12,50 €.
Por local comercial : 25,00 €.
No caso das plantas baixas sen dividir, o importe obterase de multiplicar 25,00 € polo número de vivendas que corresponda por planta.

– Utilización do servizo : satisfarase por bimestres vencidos o 40% da facturación polo servizo de abastecemento de auga.
Naqueles casos nos que o inmoble non figure dado de alta no servizo de abastecemento de auga, a cota non será inferior a 13,70 € anuais.

As tarifas completas figuran na Ordenanza correspondente, así como as bonificacións establecidas para parados ou xubilados que cumpran determinadas condicións ( 50 % ) ou persoas inscritas no Padrón de Beneficencia Municipal ( 95 % ).

Cando se pode solicitar ?Sempre.
Como e onde se pode solicitar ?No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ?Inmediata.
Outra información de interese

– Ordenanza da taxa de sumidoiros.
– Alta no servizo de abastecemento de auga.
– Servizos de recollida de lixo.

Pola súa comodidade, suxerímoslle a conveniencia de cumprimentar o impreso de domiciliación bancaria.

 

 

Scroll ao inicio
Skip to content