Concello da Estrada

Trámites

Licenza de obra menor

Que é e para que sirve ?Permiso que dá o Concello para a realización de obras menores.
Considéranse menores aquelas obras e instalacións de técnica sinxela e escasa entidade construtiva e económica que non supoñan alteración volumétrica, do uso, das instalacións e servizos de uso común ou do número de vivendas e locais, nin afecten ao deseño exterior, á cimentación, á estrutura ou ás condicións de habitabilidade ou seguridade dos edificios ou instalacións de todas as clases.
Por exemplo : Reforma de interior de locais ou vivendas que non afecten á súa estrutura ou fachada, instalación de rótulos, mantemento e conservación de fachadas, peches de parcelas, construción de muros de contención, …, e outros.
Quen o pode solicitar ?O interesado ou calquera persoa na súa representación e autorizada por este.
Que documentos hai que aportar ?– Solicitude na que se incluirá :
1. Identificación completa do promotor e da finca na que se vai a obrar.
2. Descrición detallada da obra o actuación.
3. Data prevista para a finalización das obras.
4. Orzamento da obra a realizar.
5. Outros Documentos e condicionamentos a ter en conta na solicitude de determinadas licenzas urbanísticas.
Canto custa ?

Os seguintes importes :
– Entre 12,02 e 72,12 euros, segundo a zona en concepto de Taxa por Licenzas Urbanísticas
– Un 2 % sobre o orzamento da obra en concepto de Imposto sobre Construcións, Instalación e obras.

Se a execución das obras precisara da ocupación da vía pública (colectores, andamios, reservas de espazos …) tamén se liquidará a Taxa correspondente.

En que datas se pode facer ?Sempre
Como e donde se pode presentar ?No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ?Menos de 20 días.
Que documentación entrega a Concello ?– Comprobante da solicitude
– Liquidación para facer o pagamanto das taxas e dos impostos
– Notificación definitiva da resolución do expediente
– Licenza de obra menor
Onde se pode atopar máis información ?– No Servizo Municipal de Urbanismo – Casa do Concello – 1ª. Andar – Teléfono 986.57.01.65
– Ordenanza do Imposto sobre construción, instalacións e obras.
– Ordenanza da Taxa por Licenza Urbanísticas.
– Ordenanza da Taxa por Ocupación da vía pública …– Documentos e condicionamentos a ter en conta na solicitude de determinadas licenzas urbanísticas.
Outras informacións de interese

Se se trata dunha solicitude de licenza de obras para acondicionar locais para a creación de novos comercios ou industrias, poden solicitarse simultaneamente as dúas licenzas.

Solicitude de Licenza de Obra maior.

Scroll ao inicio
Skip to content