Concello da Estrada

Trámites

Imposto sobre Construccións, Instalacións

Que é ?Un tributo indirecto que grava a realización dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda ao Concello.
Quen pode solicitar ?O promotor da obra.
Que documentación hai que presentar ?A documentacion varía segundo se trate dunha:
Obra maior.
Obra menor.
Canto custa ?– Un 2 % sobre orzamento da obra polo que a o ICIO se refire.
Tamén procede a liquidación da Taxa por Licenzas Urbanísticas
Se a execución das obras precísase da ocupación da vía pública (colectores, andamios, reservas de espazos …) tamén se liquidará a Taxa correspondente.
En que datas se pode facer ?Sempre.
Como e onde hai que presentalo ?No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ?20 días aproximadamente.
Que documentación entrega o Concello ?– Xustificante da solicitude
– Liquidación do pagamento das taxas e impostos.
– Notificación definitiva da resolución do expediente.
– Licenza de obras.
Onde se pode atopar máis información ?– No Servizo Municipal de Urbanismo – Casa do Concello.
– Solicitude licenza Obra maior.
– Solicitude licenza Obra menor.
– Ordenanza fiscal do Imposto sobre Contrución, Instalacións e Obras.
– Ordenanza fiscal da Taxa por Licenzas Urbanisticas.
– Ordenanza fiscal da Taxa por Ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materias de construción, …– Lei 1/97 do Solo de Galicia e Lei 30/92 de Procedemento Administrativo Común.

Scroll ao inicio
Skip to content