Concello da Estrada

Trámites

Servizo de Axuda no Fogar

Que é ?Apoio ás familias que presentan problemas para o coidado dalgún dos seus membros e/ou realización das tareafs domésticas, proporcionándolles a atención no propio fogar.
Actividades que se prestan:
 – De coidado e atención persoal :
   Hixiene persoal.
   Axuda para levantarse e deitarse
   Axuda para vestirse e comer
   Compaña
 – De tipo doméstico
   Limpeza da casa
   Facer a cama
   Preparación de comida
   Lavado, pasado do ferro e repaso da roupa
Quen o pode solicitar ?– Menores que precisen atención cando seus pais estean incapacitados dalgún xeito para o exercicio das súas funcións.
– Minusválidos que coa axuda facilitada poidan manter a súa valía persoal.
– Familias que precisen dun apoio para atender algún membro da mesma.
– Incapacitados pola súa condición social.
Onde se solicita ?Nas oficinas dos Servizos sociais na planta baixa da Casa do Concello
Que documentos hai que
presentar ?
– Solicitude de Axuda a Domicilio, facilitada polo Servizos Sociais do Concello.
– Fotocopia do D.N.I.
– Fotocopia da Cartilla Asistencia Sanitaria.
– Informe médico.
– Xustificantes de ingresos económicos.
– Fotocopia da Declaración da Renda.
– Certificado de Bens, expedido pola Delegación de Facenda.
– Xustificantes de todas as contas ou depósitos bancarios.
– Certificado de empadroamento individual e familiar.
Canto custa ?O prezo do servizo e as porcentaxes de subvención ( que poden chegar á totalidade do prezo ) poden consultarse no artigo 3 da correspondente Ordenanza fiscal.
Cando se pode solicitar ?En calquera momento.
Que documentación entrega o Concello ?– Xustificante de presentación da solicitude.
– Comunicación da resolución.
Máis informaciónNas oficinas dos Servizos Sociais do Concello.
   Praza da Constitución.
   Teléfono 986.57.32.65.
   36680 A Estrada.
Na sección de Servizos Sociais
Na correspondente Ordenanza Fiscal

Scroll ao inicio
Skip to content