Concello da Estrada

Servizos Sociais

Campamento do Mar 2024

O Campamento do Mar 2024 realizarase nas instalacións do Campamento Xuvenil Virxe de Loreto en Porto do Son, do 26 de agosto ó 4 de setembro.

Disponse de 52 prazas , para rapaces/zas de idades entre os 8 e 16 anos.

CUSTE DO CAMPAMENTO:

– PARTICIPANTES EMPADROADOS
Inscrición xeral -100 euros

Familias Numerosas – 70 euros (3º irmán gratuito cando participen os 3 na actividade)
Familias Monoparentais – 70 euros

Varios irmáns
1º irman – 100 euros
2º irman – 70 euros

– PARTICIPANTES NON EMPADROADOS: Sen bonificación xeral- 200 euros

O número máximo de participantes será de 52.
Terán preferencia os menores empadroados no Concello da Estrada.
No caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas existentes, atenderáse segundo a seguinte orde de prioridade:
1. Familias con valoración de risco e /ou especial vulnerabilidade que conten con prescrición técnica das UTS ou Educadora Familiar.
2. Rapaces/zas que acrediten a condición de familia numerosa.
3. Orde de entrada no Rexistro do Concello.

No suposto de que se dispoña de prazas vacantes poderán participar no campamento nenos/as non empadroados pero non terán bonificación.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de inscrición será do 1 ó 5 de xullo.
O dia 10 de xullo publicaráse na páxina web e no tabolerio de anuncios do concello a listaxe de admitidos e reservas.
As persoas admitidas deberán facer o pago dende o 29 xullo ó 5 de agosto e presentar o xustificante de pago e a seguinte documentación no departamento de servizos sociais:

  • Descargar ficha inscrición.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor.
  • Foto recente do participante.
  • Fotocopia do libro de familia(só se solicita bonificación por 2º irmán participante)
  • Fotocopia da cartilla de familia numerosa (só se solicita bonificación por familia numerosa)
  • Acreditación de ser familia monoparental, no caso de solicitar bonificación.
  • Cuestionario sanitario (facilitado no departamento de servizos sociais)
  • Cartilla de vacinacións ou certificado médico acreditativo das mesmas.
  • Xustificante de pago, o ingreso realizaráse na seguine conta bancaria:

O INGRESO EFECTUARASE NO SEGUINTE NÚMERO DE CONTA
TITULAR: CONCELLO DE A ESTRADA
ABANCA: ES27 2080 0506 2231 1000 0108

O martes 20 de agosto as 20:30 horas celebrarase no Salón de Plenos do Concello a reunión informativa coas familias, na que a concelleira e persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais presentará a empresa que desenvolverá o campamento e se dará a información básica de horarios de saída e volta, normas do campamento…etc.

Scroll ao inicio
Skip to content