Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso
Obradoiro de Música moderna Carlos Barruso – Curso 2023-2024
O obxectivo deste obradoiro é o de darlle continuidade ao labor de Carlos Barruso, como un xeito de reinvindicar o legado musical que deixou latente nos seus alumnos, moitos deles, agora titulados en grao superior de música moderna. Paralelamente, coa formación deste obradoiro tamén se pretende conseguir a formación dunha big band.
Este obradoiro conta cun plan de estudos que terá unha duración de nove meses repartidos nunha clase á semana de dúas horas de duración na que o alumnado abordará diferentes aspectos musicais. A primeira dedicarase á parte teórica onde se traballarán fundamentos harmónicos, rítmicos, melódicos, técnicos e analíticos das obras a interpretar. E na segunda hora interpretaranse as obras estudadas na primeira parte da clase en formación de combo.
Este obradoiro permanente non aceptará alumnos de nova formación, só actuará como un complemento para músicos cun certo nivel interpretativo que lles permita afrontar as partes teórica e práctica. En ningún caso se ensinará a tocar instrumentos nin se impartirán clases de iniciación.
Matrícula: -> https://forms.gle/
Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso
Duración: 9 meses
Prezo: 10€ mes
Horario:
CORO
LUNS DE 20.30 A 22.00H
BIG BAND E COMBO
MÉRCORES DE 20.00 A 22.00H
Profesorado:
RUBÉN SERVIDE
IMPROVISACIÓN E HARMONÍA MODERNA, COMBO E BIG BAND
RAMÓN BERMEJO
CORO E VOCES
Instrumentos: todo tipo, incluída a voz (Será imprescindible saber tocar o instrumento co que se pretende participar.)
Máis info: obradoirodemusica@gmail.com
Masterclass Abe Rábade
DIRIXIDO A: Todas e todos os aficionados á música.
LUGAR: Teatro Principal da Estrada.
PRAZAS: un máximo de 15 asistentes activos e 24 oíntes.
DURACIÓN: Días 13 e 26 de febreiro e 26 de marzo. 4 horas cada día en horario de mañá.
PREZO:
Alumnas/os activos: 30€
Alumnas/os oíntes: 15€
O obxetivo da masterclass é a introdución, estudo e desenvolvemento da linguaxe moderna e das súas diferentes vertentes: melódica, harmónica e rítmica. Así como o tratamento da interpretación, improvisación e aplicación práctica mediante un repertorio variado que aborde diversos estilos: standars, bebop, bossa nova, etc.
As sesión estarán abertas a todo tipo de instrumentos e levaranse a cabo de forma grupal mediante o traballo conxunto en formato combo.
Abe Rábade
Pianista e compositor nacido en Compostela o 8 de setembro de 1977. Conta con catorce discos como líder (Sorte, o máis recente, editado por Nuba Records no 2021), estreou dúas composicións sinfónicas (Tránsitos no 2015 e Tempos Velados no 2018), outras tres obras poético-musicais (Rosalía 21 no 2008, Travesía dos Poetas no 2010 e Lorca Namorado no 2019). É autor de 200 composicións en estilos como jazz, clásica, experimental e músicas de raíz. Actúa con numerosas figuras de reconocido prestixio internacional en concertos e festivais de todo o mundo. Así mesmo ofrece múltiples masterclasses en centros especializados.
Licenciado Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EEUU) no 1999, actualmente é docente nos conservatorios superiores de música de Galiza e Portugal.
Biografía
Dirixe o seu trío de jazz acústico desde 1996, formado na actualidade por Pablo Martín Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería.
Formou o grupo Nordestin@s en 2006 xunto ás cantantes Guadi Galego e Uxía Pedreira. O disco homónimo foi un dos 100 máis vendidos no estado español no Nadal de 2006.
É autor dunhas 200 composicións orixinais (moitas de corte jazzístico, pero tamén varias achegadas á música experimental, á tradicional galega, ao flamenco ou á clásica).
Desde 2001 é codirector artístico (xunto a Paco Charlín) do Seminario Permanente de Jazz, na cidade de Pontevedra.
Forma parte do corpo docente da ESMAE (Porto, Portugal) desde 2009 e do CSM Galicia, desde 2019.