Concello da Estrada

Servizos Sociais

Polos efectos sobre o sistema nervioso

Depresores do sistema nervioso central

Son as substancias que bloquean o funcionamento do cerebro provocando reaccións que poden ir dende a desinhibición ata a morte por un adormecemento total do sistema nervioso central. As drogas máis consumidas deste grupo son:

  • Alcohol.
  • Opiáceos (heroína, morfina, metadona, codeína…).
  • Tranquilizantes (valium, tranxilium…).
  • Hipnóticos (barbitúricos…).

 

Estimulantes do sistema nervioso central

Son as substancias que activan o funcionamento do SNC. As máis consumidas son:

Máis información sobre a cafeína

Perturbadores do sistema nervioso central.

Son as substancias que alteran o funcionamento do cerebro, dando lugar a distorsións perceptivas, alucinacións auditivas, visuais, etc.:

  • Alucinóxenas (ácido lixérxico ou LSD, mescalina, fenciclidina (PCP), etc.).
  • Derivados do cannabís (haxix, marihuana, aceite de haxix, etc.).
  • Inhalantes (acetonas, bencenos, éter, tolueno, etc.).
  • Drogas de síntese (éxtase, MDA, speed, no argot reciben nomes como: cristal, adán, pílula do amor, hamburguesas, ice, xeo…).

Scroll ao inicio
Skip to content