Servizos Sociais
Menu
Close
- Servizo de Atención Temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar”2024 (antigo Depotermal)
- Actividade de piscina para persoas maiores terceira quenda 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Sanidade
- Centro de Información ás Mulleres (CIM)
Close
- Servizo de Atención Temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar”2024 (antigo Depotermal)
- Actividade de piscina para persoas maiores terceira quenda 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Sanidade
- Centro de Información ás Mulleres (CIM)
Polos efectos sobre o sistema nervioso
Depresores do sistema nervioso central
Son as substancias que bloquean o funcionamento do cerebro provocando reaccións que poden ir dende a desinhibición ata a morte por un adormecemento total do sistema nervioso central. As drogas máis consumidas deste grupo son:
- Alcohol.
- Opiáceos (heroína, morfina, metadona, codeína…).
- Tranquilizantes (valium, tranxilium…).
- Hipnóticos (barbitúricos…).
Estimulantes do sistema nervioso central
Son as substancias que activan o funcionamento do SNC. As máis consumidas son:
- Anfetaminas (dexedrina, anfetas, bennies, dexies…).
- Cocaína.
- Nicotina.
- Xantinas (cafeína, teína…, ambas cun menor poder adictóxeno).
Máis información sobre a cafeína
Perturbadores do sistema nervioso central.
Son as substancias que alteran o funcionamento do cerebro, dando lugar a distorsións perceptivas, alucinacións auditivas, visuais, etc.:
- Alucinóxenas (ácido lixérxico ou LSD, mescalina, fenciclidina (PCP), etc.).
- Derivados do cannabís (haxix, marihuana, aceite de haxix, etc.).
- Inhalantes (acetonas, bencenos, éter, tolueno, etc.).
- Drogas de síntese (éxtase, MDA, speed, no argot reciben nomes como: cristal, adán, pílula do amor, hamburguesas, ice, xeo…).