Cultura
Losada Diéguez, Antón
Biografía
Naceu no Pazo de Moldes (Boborás. Ourense) no ano 1.884. A súa nenez transcurre a cabalo entre Moldes e A Estrada, pero sobre todo nesta última vila, onde seu pai traballaba de notario.Pero de xove foi levado interno para A Guarda para estudar o Bacharelato no Colexio Apóstolo Santiago, inda que rematou o Bacharelato no 1.899 no Instituto de Pontevedra. Posteriormente pasará polas universidades de Deusto, Salamanca, Madrid e Compostela. Nelas acadará a licenciatura de dereito e farase Doctor en Filosofía. Daquela voltará a Galiza, onde permanecerá ata o 1.911. Nestes anos simultanea a actividade académica en Compostela coas súas primeiras actividades políticas na Estrada. En Santiago actuou de axudante de Armando Cotarelo Valledor. No 1.910 doutorarase en Filosofía con tese titulada “Simbólica e ideas filosóficas contenidas en La vida es sueño”.No ámbito político estradense Losada intervén, apoiado pola súa familia, nas campañas agrarias de comezos de século enfrontándose ao cacique pontevedrés Marqués de Riestra.
No 1.911 viaxou a Madrid por mor de preparar as oposicións á Cátedra de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rundimentos de dereito, obtendo o número un, e foi destinado a Toledo.
Tras unha breve estadía nesta cidade, permutará esta praza pola de Ourense no 1.914. Aquí será onde reanudará a súa relación co agrarismo católico. Aquí ademais tomará contacto con xoves intelectuais ourensáns, que máis adiante formarán o núcleo de “Nós”, sen embargo mantívose totalmente desvinculado de “ La Centuria”, primeiro órgano de espresión deste grupo. No 1.917 ingresará nas “Irmandades da Fala”.
Chegou a presidir a I Asemblea Nacionalista de Lugo no 1.918 e dous anos máis tarde será un dos fundadores da “ Revista Nós”. No 1.924 entrou no Seminario de Estudos Galegos, onde foi un membro destacado. Na escisión que se produciu no Nacionalismo ( 1.922), Losada pasarase ao bando de Vicente Risco. Sen embargo ambos demitiron publicamente dos seus postos de deputados provinciais, Losada por Pontevedra, no 1.925. A partir de aquí a súa actividade centrarase exclusivamente no ámbito Cultural. Tamén foi “Membro Correspondente” da Real Adademia Galega. Nestes anos, en Pontevedra, promoveu a creación da “Coral Polifónica”, Foi membro da Padroado do Museo Provincial, Presidente do “Círculo Católico de Pontevedra”. Finou no ano 1.929. No ano 1.985 a Real Academia Galega adicoulle o “Día das Letras Galegas”.
Os seus primeiros artigos foron publicados en “ Nós”, “ Alborada” e, por suposto, no xornal estradense “ El Emigrado”, dirixido polo seu gran amigo e admirado, D.Manuel García Barros. Os seus ensaios, especialmente de temas políticos, foron recompilados no ano 1.985, co gallo de lle adicar ese ano o “ Día das Letras Galegas”, so o título
OBRA COMPLETA (Ed. Xerais de Galicia, 1.985).