Servizos Sociais
- Servizo de Atención Temperá
- Programa “+Benestar”2024 (antigo Depotermal)
- Actividade de “Baile galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Sanidade
- Centro de Información ás Mulleres (CIM)
- Servizo de Atención Temperá
- Programa “+Benestar”2024 (antigo Depotermal)
- Actividade de “Baile galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Sanidade
- Centro de Información ás Mulleres (CIM)
Actividade física
ACTIVIDADE FÍSICA: ¡ADIANTE!
A actividade física é un xeito de divertirse con amigos e parentes, gozar de actividades ao aire libre, mellorar o seu acondicionamento físico para practicar un deporte e manter a súa independencia. Ademais, cando os adultos maiores fan actividade física con regularidade, obteñen beneficios que perduran ata unha idade avanzada. O mellor xeito de manterse activo é converter o programa nun hábito de por vida. Unha vez que empece a facelo, siga adiante.
Frecuentemente, as persoas deciden poñerse máis activas e seguir un plan alimenticio saudable porque queren controlar o seu peso. Para moitas persoas, estes hábitos saudables certamente resultan nunha perda de peso, pero esa é soamente unha parte do cadro total. Comer saudablemente e manterse fisicamente activo axúdano a estar en boa forma fisicamente e a manterse saudable.
Pense tamén noutros cambios que pode facer no seu estilo de vida. Por exemplo, fumar conduce a unha variedade de enfermidades graves e pode impedirlle que se manteña activo. O mesmo sucede se toma demasiado alcol. Conxuntamente, hábitos tales como a actividade física, unha dieta saudable, tomar alcol moderadamente e non fumar axudaranO a alcanzar a súa meta principal: ter a mellor saúde posible.
Nas páxinas seguintes atopará varios rexistros que pode usar para axudarlle a alcanzar as súas metas relacionadas ao exercicio e á actividade física. Escolla e use os rexistros que lle sexan útiles.
Para descargar toda a información prema aquí.