Concello da Estrada

Servizos Sociais

Que son os malos tratos ou a violencia de xénero?

SE TE ATOPAS NUNHA SITUACIÓN DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES OU VIOLENCIA DE XÉNERO, NON DUBIDES EN PEDIR AXUDA.

Que son os malos tratos ou a violencia de xénero?

A violencia de xénero foi e segue sendo unha das manifestacións máis claras da desigualdade, subordinación e das relacións de poder dos homes sobre as mulleres. Este tipo de violencia baséase e exércese pola diferenza subxectiva entre os sexos. En poucas palabras, as mulleres sofren violencia polo mero feito de ser mulleres, e as vítimas son mulleres de calquera estrato social, nivel educativo cultural ou económico.

Enténdese por malos tratos calquera acto de agresión que recibe a muller por parte do seu marido, parella ou exparella, que teña ou poda ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico, incluíndo ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria de liberdade, tanto se se produce na vida pública como na privada.

Aquí tes unha serie de recursos que poden servirche…

  • EscApp: é una aplicación da Secretaría de Igualdade en colaboración co Colexio de enxeñería informática que ten por obxectivo achegar información de utilidade ás mulleres que se atopan nunha situación de violencia de xénero e a todas as persoas que poidan axudar a rematar con este tipo de situación. Podes descargala escaneando o seguinte código QR co teu teléfono.

Scroll ao inicio
Skip to content