Concello da Estrada

Servizos

Tarxeta de estacionamiento para persoas con mobilidade reducida

Segundo o artigo 30 da modificación do título IX da ordenanza municipal de circulación deste Concello, no referente á concesión e tramitación das tarxetas de aparcamento para diminuídos físicos, será necesario para a súa obtención:

  1. Volante de empadroamento do Concello da Estrada
  2. Fotocopia do DNI do solicitante ou representante legal
  3. Fotografía actual tamaño carné
  4. Certificado de minusvalía expedido polo EVO no que se faga constar a imposibilidade de facer uso do transporte público.
  5. Fotocopia da  documentación do vehículo a nome da persoa con discapacidade, na  que conste que o vehículo está adaptado, ou no seu caso, a nome da persoa encargada de transportalo habitualmente.
  6. Fotocopia do permiso de conducir
  7. Fotocopia do pagamento do último recibo do imposto municipal sobre vehículos (IVTM) ou exención (se minusvalía > 33%)
  8. Declaración xurada do condutor habitual do vehículo, alegando a dita condición, no suposto de que non sexa a persoa con discapacidade.

Todo isto, xunto coa solicitude, deberá presentarse no Rexistro do Concello da Estrada.

Se quere consultar toda a información sobre a ordenanza, prema aquí.

Scroll ao inicio
Skip to content