Concello da Estrada

Servizos Sociais

Actividade para a prevención da dependencia 2024

O Departamento de Servizos Sociais deste Concello, ten previsto dar continuidade ó Programa de Actividades dirixidas a persoas maiores de 50 anos, e persoas con discapacidade que non cumpran o requisito da idade. As actividades iniciaranse ao longo do ano 2024, coma se veñen desenvolvendo nos últimos anos.

O prazo de inscrición para participar no programa de Actividades de Prevención da Dependencia 2024 permanecerá aberto dende o 25 de setembro ata o 20 de outubro (ambos incluidos)

REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos ou contar con valoración de discapacidade. (33% ou máis)

As actividades que se van a ofertar son

  • Taller de Xerontoximnasia
  • Taller de Memoria
  • Taller de Pilates

ÁMBITO URBANO

Manteranse as actividades/horarios e grupos que se están desenvolvendo,

  • Xerontoximnasia máximo 25 persoas por grupo
  • Memoria máximo 10 persoas por grupo
  • Pilates máximo 25 persoas por grupo

As persoas interesadas en participar deberán anotarse antes do 20 de outubro

ÁMBITO RURAL

As parroquias que durante o ano 2023 tiveron actividade, durante o ano 2024 manterase a mesma actividade, (só se cambiará no caso de que o decida a maioría) e no mesmo horario. As persoas interesadas deberán anotarse antes do 20 de outubro.

As parroquias que non tiveron actividade e queren formar grupo, poden facelo, con un mínimo de 8 persoas, e a actividade será a demandada pola maioría. Deberán formar grupos antes do 20 de outubro

LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

Departamento de servizos sociais en horario de 9:00 a 14:00

Ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada

Nº DE PERSOAS POR GRUPO

Mínimo de 8 persoas por parroquia

No caso de que o número de solicitudes supere a previsión de prazas por grupo, atenderanse as solicitudes segundo a seguinte orde de prioridades:

  1. Persoas empadroadas no concello
  2. Orde de entrada das solicitudes

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE:

Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais (de luns a venres en horario de 9 a 14:00) ou chamando ó teléfono 986 573 265.

Scroll ao inicio
Skip to content