Concello da Estrada

Cultura

Reimóndez Portela, Manuel

San Miguel de Castro, A Estrada, 1916 – San Miguel de Castro, A Estrada, 1994.

No ano 1996 a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada crea na súa honra o “Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela” , co obxectivo de contribuír ao fomento e difusión da lectura na Comunidade Autónoma Galega. 

Dáselle o seu nome ao Museo do Pobo Estradense.

No 2004 o Concello da Estrada réndelle homenaxe adicándolle o seu Ano Cultural.

San Miguel de Castro, A Estrada, 1916 – San Miguel de Castro, A Estrada, 1994

No ano 1996 a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada crea na súa honra o “Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela” , co obxectivo de contribuír ao fomento e difusión da lectura na Comunidade Autónoma Galega.

Dáselle o seu nome ao Museo do Pobo Estradense.

No 2004 o Concello da Estrada réndelle homenaxe adicándolle o seu Ano Cultural.

DATAS DUNHA VIDA

1916

Nace o 26 de marzo en San Miguel de Castro. É o primoxénito de catro fillos : Manuel, Lisardo, Adolfo e Mª. do Carme, do matrimonio composto por Maximino Reimóndez Rey e a súa dona Carme Portela Silva.

1925

Con nove anos acompaña a seu pai no seu retorno a Cuba, da que regresaría, a raíz da súa crise económica na época de Machado, en 1931.

1931

Ingresa no instituto de Santiago e posteriormente nos Irmáns Maristas.

1935

Obtén o título de bacharelelato e comeza a carreira de medicina.

1936

Co estoupido da guerra civil, o estudiante Reimóndez pasa a prestar os seus servizos sanitarios no hospital de Santiago e xa incorporado a filas, atende aos feridos nas frontes de León, Teruel, Extremadura e Guadalaxara, para continuar os seus estudos no 1939.

1939

Licenciase na cidade de Oviedo e volta os estudios de medicina na universidade galega.

1942

Remata os seus estudos de medicina. A pesares da súa vasta preparación tanto teórica como práctica, que o facultaría para abrir consulta en calquera cidade do país, o seu amor ás raíces e o seu desexo de poñer o seu saber a disposición dos veciños da súa parroquia natal fai que abra consulta en S. Miguel de Castro, na palleira da casa petrucia sen descoidar en ningún momento os estudios de doutoramento. Nesa época comeza a labrar a súa merecida sona de home preocupado non só polas doenzas do corpo senón tamén da alma e a súa casa queda pequena para recibir a tantas persoas que acuden a el en busca de remedios para a súa saúde e tamén como conselleiro e amigo, polo que dende moi pronto se plantexa a necesidade de crear unha clínica na parroquia de Castro, algo totalmente fóra de uso naquel tempo.

1945

No mes de setembro casa con dona Maria Victoria Fernández de la Torre, maestra nacional, e natural do veciño concello de Boqueixón. Froito deste matrimonio han se-los tres fillos : Manuel Angel, Maria Victoria e José Luís.

1960

Defensa da súa tese de doutoramento, Contribución al estudio vascular de la articulación de la muñeca” que écualificada cun Sobresaínte Cum Laude, acadando o título de Doutor en Medicina e Ciruxía, título do que nunca fixo ostentación pois nas súas verbas prefería ser “D. Manuel ou Señor médico…pero nunca doutor” polo seu afán de humanizar a práctica da medicina e facela máis cercana ó pobo.

1966

Obtén o título de Especialista do Aparato Dixestivo e nos anos posteriores a súa actividade profesional lévao ser Socio numerario da Academia Médico Cirúrxica de Santiago, Socio Fundador da Sociedade Galega de Patoloxía dixestiva e Académico Correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía da Coruña.

1976

Comeza a faceta de escritor comprometido co seu entorno, mostra do seu compromiso activo coa terra, a historia e a arte local. Publica “Guía turística de La Estrada” á que seguirían nos seguintes anos moitos outros títulos, todos eles referidos a aspectos artísticos, históricos, etnográficos, etc do Concello da Estrada.

1978

Preside a comisión que elabora o anteproxecto do Estatuto de Galicia, coñecido como ” O Estatuto dos 16″.

1980

Os amplos e documentados traballos sobre as terras da Estrada e o seu traballo como Presidente do Centro de Iniciativas e Turismo, fanno merecedor da Medalla de Prata o Merito Turistico.

1986

Con motivo da súa xubilacion oficial, recebe en San Miguel de Castro un multitudinario homenaxe.

1987

Sae elexido Alcalde da Estrada.

1994

Fina ó 20 de xuño na súa casa de San Miguel de Castro.

BIBLIOGRAFIA

  • “Manuel Reimóndez Portela na lembranza”
    (Edicios do Castro, O Castro, Sada, 1996).
    Coordinador: Xoán Andrés Fernández Castro.

    • Presentación
    • “Da lectura e do libro (dúas incursións)” por Xesús Alonso Montero.
    • “As primeiras festas do salmón” por Eliseo Alonso Rodríguez.
    • “Apuntes a unha biografía de Manuel Reimóndez Portela” por Olimpio Arca Caldas.
    • “Onde o mundo se chama camiño” por Carlos Baliñas Fernández.
    • “¡Eramos tan novos!” por Roberto Luís Blanco Valdés.
    • “A menciña da palabra”.
    • “Datos antropolóxicos” por Manuel Cabada Castro.
    • “Don Manuel Reimóndez Portela”, por Ramón Campos Durán.
    • “Do meu rueiro” por Pepe Carballude.
    • “Manuel Reimóndez Portela. Médico e Humanista” por Xosé Carro Otero.
    • “Admiración y afecto desde la distancia” por Xosé Manuel Castelao Bragaña.
    • “Nenia para un gentil caballero” por Camilo José Cela.
    • Isaac Diaz Pardo.
    • “Manuel Reimóndez. Coma un perfil nas sombras” por Gustavo Docampo Otero.
    • “En recuerdo y homenaje a D. Manuel Reimóndez Portela” por José Espiño Matos.
    • “A biblioteca de Castelao en Buenos Aires” por Juan Andrés Fernández Castro.
    • “Reimóndez Portela, estradense ilustre” por Antonio Fraguas Fraguas.
    • “Un médico na aldea”, por Salvador Garcia Bodaño.
    • “Emergencias en Europa de enfermedades prevenibles con vacunas”, por Juan J. Gestal Otero.
    • Paco Lareo.
    • Laxeiro.
    • “Una cuestión que atañe a Galicia en Juan de Mena” por José Lois Estevez.
    • “Un home sinxelo do pobo” por Xosé Manteiga Pedrares.
    • “Médico de San Miguel”, por Xosé Manuel Martinez Oca.
    • “El bayo y la alazana” por Anisia Miranda.
    • “Con Manolo Reimóndez na Habana” por Xosé Neira Vilas.
    • “Reimóndez, o horizonte da amizade” (“Reimóndez, el horizonte de la amistad”) por Camilo Nogueira Román.
    • “Teimosos por ilusionar” por David Otero Fernández.
    • “Carta” por José Enrique Otero Fernández.
    • Paio.
    • “Manuel Reimóndez Portela, promotor y animador turístico” por Alfonso Paredes Pardo.
    • “Lembranza dun amigo” por Avelino Pousa Antelo.
    • “Reimóndez, cronista de los caminos del Ulla” por Jesús Precedo Lafuente.
    • “Don Manuel Reimóndez” por Mariano Rajoy Brey.
    • “Un estudio de historia local del Dr. Reimóndez: A Estrada rural” por Ofelia Rey Castelao.
    • “Semblanza” por Miguel Ángel Ríos Fenández.
    • “Manuel Reimóndez Portela e os teleclubes” por José Luís Rodriguez García.
    • Rofer.
    • “Soneto” por Marcelino Salgueiro Rodriguez.
    • “A un amigo que se foi”, por Mariano Sinde Lema.
    • “Don Manuel o médico” por Agustín Sixto Seco.
    • Sucasas.
    • “Manuel Reimóndez e os cruceiros” por Xosé Carlos Valle Pérez.
    • “Manuel Reimóndez Portela” por Alfonso Varela Durán.
    • “In memoriam. Aproximación al itinerario de D. Manuel Reimóndez Portela”
    • “El médico de San Miguel” por Manoel Veiga Camino.
    • Xosé Vizoso.
    • “Amistade mías alá da política” por Xosé Arca Pichel; Manuel Sanmartín Obelleiro; Manuel Valladares Souto; Mª. do Carme Viéites Conde.
    • “Manuel Reimóndez Portela alcalde de Estrada”, por Antonio Garrido Sanmartín; Antonio Montero Figueiras.
    • “Unha lembranza a Manuel Reimóndez Portela”, por Adolfo Reymóndez Collazo; Alfonso Reymondez Portela.


a_estrada_reimondezTítulo:
A Estrada
Editorial: Editorial Everest
Descripción:Esgotada a guía turística do ano 1976, Reimóndez reedita corrixida e ampliada para a importante colección da Editorial Everest.

 

 

Título: A Estrada Descoñecidaaestrada_desconecida_reimondezDescripción: Guía por tomos, na que vai relatando dunha forma didáctica o coñecemento das pedras na Estrada, como marca fundamental da nosa identidade, con debuxos del mesmo realizados a man alzada. Multicopiad a en colaboración co Colexio Público do Foxo. 

Sen publicar.

 

 

Título: A Estrada rural
Editorial: Excma. Diputación de Pontevedra
Descripción: Volume de 330 páxinas que conforma o máis completo estudio existente sobre o universo que conforma A Estrada coas súas 51 parroquias.

Conleva o estudio ademais de cada parroquia e os seus lindes, comunicacións, hidrografía, orografía, descrición de castros, cruceiros e pedras importantes, mámoas e lendas a historia de cada parroquia, igrexa e capelas, casas solaregas, pazos, feiras, festas, etc.. persoeiros egrexios, plantíos reais e toponimia maior menor e microtoponimia, o que o fai xa hoxe en día unha reliquia da investigación estradense e eleva o nivel de estudio no noso municipio a unha categoría nada fácil de acadar.

Título: A rapa das bestas de Sabucedo
Descripción: Opúsculo sobre a máis senlleira festa do concello da Estrada.

Artigos
Xénero:
Artigos longos
Descripción: Medicina popular en tierras de Tabeirós, (A Estrada  – Pontevedra).

Título: Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra.
Editorial: Excma. Diputación de Pontevedra
Descripción: Estudio completo dos 322 cruceiros dos nove concellos: A Estrada, Cerdedo, Cruces, Dozón, Forcarei, Golada, Lalín, Rodeiro e Silleda, espallados nunha extensión de 1.460 km. No seu transfondo subxace a incansable curiosidade investigadora de Reimóndez Portela, na súa peregrinaxe polos angostos camiños rurais e polas tortuosas e agochadas corredoiras, nunha afanosa búsqueda do máis xenuíno da nosa terra.

Editado pola Deputación Provincial en 1985 por acadar o Premio do concurso anual de investigación en 1981.

Título: El camino a Santiago por el Sudeste.el camino a santiago por el sudeste
Editorial: Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno Secretaría Xeral Técnica
Descripción: Coa proximidade do Ano Santo de 1993, todas as institucións andan na procura de aotpar os camiños que chegaban a Santiago. D. Manuel coñece de vello anacos destes vieiros. Coa teima de atopar, unha vez máis, tributo á nosa cultura, coa colaboración de José Espiño Mato, párroco de Bandeira – Silleda e de D. Mariano Sinde Lema, coñecedor das terras de Vedra e Boqueixón, percorre os esquecidos camiños dende a ponte romana de Ourense ata Santiago.

Título: Estudio Médico-Geográfico del partido judicial de la Estrada

Título: Guía turística de la Estradaguia turistica de la estrada
Editorial: C.I.T. e Hijos y Amigos de La Estrada 

Título: Marcas de canteiros de la desaparecida torre de la Barreira (A Estrada – Pontevedra)
Editorial: Excma. Diputación de Pontevedra
Descripción: Ponencia no Congreso Intrernacional de Cliptografía e estudio rigoroso que valeu para recuperar a memoria da importante Torre da Barreira, de vestixios case inexistentes e que a partires do rigoroso estudio feito por Reimóndez, valeu non só para saber da súa situación exacta e constitución senón a importancia histórica deste asentamento medieval.

o estatuto dos 16

 

Título: O Estatuto dos 16
Editorial: Editorial Galaxia.

 

 

Título: Un médico na aldeaun medico na aldea
Editorial: Edicios do Castro
Descripción: Libro onde recolle as súas vivencias de exercicio de máis de 40 anos de profesión e no que aparece plasmada a súa sensibilidade e profundo sentido humanístico. Son as peripecias nun breve, ilustrativo e divertido libro nas que queda patente unha vez máis a súa alta calidade humana e as condicións en que os galenos da época tiñan que traballar entre curandeirismo e supersticións.


Ó longo destas páxinas imos coñecer da peripecia dun médico na aldea trinta, corenta anos atrás, entre supersticións, curandeirismos, diagnósticos e terapéuticas que hoxe resultan insólitos, doenzas con nome de seu, enfermos imaxinarios, e tantas cousas máis.
E non só conta Reimóndez ( home dun grande humanitarismo ) moitos momentos vividos por el como médico na aldea, senon que todo o vai contando con certo aquel moi persoal, con gracia, con retranca, sin dramatizar, no posible, precisamente porque veu de todo, pasuo por todas, e está de volta de canto hai referente á dor humana.

Xosé Neira Vilas no Proemio do libro.

Scroll ao inicio
Skip to content