Concello da Estrada

Proxecto de renovación parcial da iluminación pública exterior municipal no concello da Estrada

Proxecto de mellora e renovación da iluminación pública exterior no municipio, renovando os antigos puntos de luz con tecnoloxías de descarga por novas luminarias de alta eficiencia en tecnoloxía LED, ademais de renovación dos centros de mando, redes eléctricas, incorporación de sistema de telexestión etc.

Actúase sobre unha rede de iluminación formada por 11.432 puntos de luz, a cal se moderniza nunhas condicións de seguridade, fiabilidade, eficiencia e monitorización.

Coa actuación contémplase un aforro enerxético do 66% con respecto á situación inicial.

A actuación contempla un investimento de 8.541.809,58 € (IVE incluído) cun cofinanciamento do 80 % a través do Programa de subvencións a Proxectos Singulares de Entidades Locais que favorezan unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020.

Proxecto acollido a línea de axudas a proxectos de Economía Baixa en Carbono, promovidos por Entidades Locais, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenrolo Rexional, (FEDER) e xestionada polo IDAE, co obxectivo de conseguir unha Economía máis limpa e sostible.

Scroll ao inicio
Skip to content