Concello da Estrada

Programación semanal

BAILAR AGORA
Marta Alonso

DATA: 06-04-2024 (20.30h)
LUGAR:Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Danza teatro
DURACIÓN: 75 min
PÚBLICO: Adultos
LINGUA: Galego
ENTRADA: 5,00€

SINOPSE: Gañadora de premios tan importantes como o FETEN (2022), MIT (2021) OU 3 María Casares (2021), Bailar agora é unha das pezas máis exitosas dos últimos anos en Galicia. Bailar agora é a historia dunha bailarina próxima á corentena que comparte co público de forma divertida e emocionada a súa traxectoria como bailarina e muller. No proceso, vai compartindo tamén co público os seus desexos e soños, facéndoos realidade a través do baile. Unha peza que ninguén debería perderse.

 

 

UN MÉDICO NA ALDEA

DATA: Domingo 7 (19.00h)

LUGAR: Teatro Principal da Estrada

A obra, interpretada por Tequexetéldere e a Escola Municipal de Artes Escénicas, sobre o escrito orixinal de Manuel Reimóndez Portela está dirixida e adaptada por Santiago Cortegoso.

O escrito de Reimóndez Portela constrúese sobre un compendio de diversos relatos e vivencias vividas polo propio autor durante a súa época como médico na aldea, e, baixo a dirección de Santiago Cortegoso a narrativa de Reimóndez mudará ao arte escénico do musical coas interpretacións de Tequetexéldere e os integrandes da Escola Municipal de Artes Escénicas, así como coas ilustracións en directo de Rosa de Cabanas.

Scroll ao inicio
Skip to content