Concello da Estrada

Programa Depotermal 2023

04 Abril 2023

O vindeiro luns dia 10/04/23 abre o plazo para anotarse no “PROGRAMA DEPORTERMAL”.

 

ORGANIZA: Deputación Provincial de Pontevedra en Colaboración co Concello da Estrada.

 

O programa consiste en pasar cinco días consecutivos (de luns a venres), en quenda de mañá ou de tarde, utilizando durante un mínimo de dúas horas as instalacións dun balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia de Pontevedra.

 

O plan Termal da Diputación pon en marcha dous programas termales:

– Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco dias consecutivos.

– Programa termal con pernocia, de domingo a venres en réxime de pensión completa.

 

O programa inclúe traslado en autobús, dende o concello ata o estabrecemento escollido, traxecto de ida e volta.

 

BENEFICIARIOS:

  • Nacer antes do 1 de xaneiro de 1973 , ou ser pensionista da seguridade social.
  • Persoas cun grao de discapacidade igual ou superios ao 65%. ainda que non cumpran o requisito da idade.
  • Persoas coidadoras que precisen un respiro familiar.

 

É requisito indispensable

  • Estar empadroadas no Concello da Estrada,
  • Non padecer ningunha emfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
  • Non padecer alteracións do comportamentro, que poidan perturbar a convivencia
  • Ser unha persoa autónomapara realizar actividades da vida diaria
  • En caso de persoa con discapacidade, non ter recoñecida a necesidade de asistencia dunha terceira persoa

 

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES:

O prazo de presentación da solicitudes permanecerá aberto dende o 10/04/23 ata o 08/05/23

 

As solicitudes presenteranse no Departamento de Servizos Sociais, para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • NIF das persoas solicitantes
  • Certificado de residencia das persoas solicitantes
  • Certificado da renda do último exercicio das persoas solicitantes
  • Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas para acreditar a condición de persoa pensionista
  • Certificado de recoñecemento do grao de discapacidade

 

No caso de que as persoas interesadas se opoñan ás ditas consultas deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio, marcando a opción cun X, e achegar os documentos correspondentes.

 

Para mais información dirixase o Departamento de Servizos Sociais, na planta baixa do Concello de 9:00 a 14:00 ou chamando ao telefono 986573265.

Scroll ao inicio
Skip to content