Concello da Estrada

Novas

Programa de vacacións para maiores organizado polo IMSERSO

O prazo de inscrición para participar no Programa de Vacacións para Maiores organizado polo IMSERSO en convenio de colaboración con este Concello correspondente á tempada 2023/2024 permanecerá aberto do 29 de xuño e ata o 26 de xullo (ámbolos dous incluídos)

Poderán participar no Programa as persoas que cumpran os seguinte requisitos:

  • Ser residente e estar empadroado no municipio da Estrada.
  • Ser maior de 65 anos.
  • Pensionistas de xubilación do Sistema Público de pensións.
  • Pensionistas viuvez con idade igual ou superior a 55 anos.
  • Pensionistas de invalidez, outras pensións ou prexubilados e ter en todos estes casos 60 anos cumpridos.

Sóamente se admitirá como acompañante o/a cónxuxe, parella de feito, ou unión estable, aínda que non acade o requisito da idade, e sempre que reúna tódolos demais requisitos, non sendo necesario que reunan os requisitos de idade ou pensión, tamen se admitirá coma acompañante a un fillo/a con discapacidade, que teña un grao de discapacidade igual ou superior ó 45%.

As persoas participantes nas viaxes organizadas na tempada 2022/2023 figuran directamente acreditadas para participar nas viaxes da tempada 2023/2024 , polo que non teñen que presentar nova solicitude, pero si deberán presentar solicitude de confirmación de reserva de praza no Departamento de Servizos Sociais ou no Rexistro de Entrada do Concello, do 29 de xuño e ata o 26 de xullo.

Para aquelas persoas que non figuran acreditadas por non ter participado nas viaxes en anos anteriores, é condición imprescindible presentar solicitude segundo modelo facilitado polo IMSERSO, xunto co modelo municipal de reserva de praza dirixida o concello.

As solicitudes deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociales,o por Rexistro de entrada do Concello ou a traves da Sede Electrónica do Concello da Estrada ata o 26 de xullo.

Para máis información poden dirixirse o Departamento de Servizos Sociais (de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00) ou chamando o telefono 986 573 265.

Scroll ao inicio
Skip to content