Concello da Estrada

Plan Parcial de Ordenación do sector de solo urbanizable delimitado SUD-R06 Avenida de Vigo

14 Xullo 2020

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 22.06.20, aprobou inicialmente o Proxecto de Urbanización para o desenvolvemento urbanístico e edificatorio do Plan Parcial de Ordenación do sector de solo urbanizable delimitado SUD-R06 Avenida de Vigo.

O apuntado Proxecto de Urbanización sométese a trámite de información pública, para xeral coñecemento, polo prazo dun mes computable a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

 

Scroll ao inicio
Skip to content