Concello da Estrada

Plan Concellos para a Activación do Emprego 2023 (liña 3) e actividades cultura e deportes (liña 2)

A Xunta de Goberno Local da Excma. Deputación de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 13 de xaneiro de 2023, concedeu a este concello unha subvención por importe de 311.674,35 €uros, ao abeiro da Liña 3 do Programa de activación de emprego (BOP no 208 de 31.10.2022).
O obxecto desta subvención é a contratación de 19 persoas desempregadas para a  conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, de interese xeral e social inscritas no Servizo público de emprego de Galicia, como demandantes non ocupados, nas seguintes OCUPACIÓNS :

– Conserxes
– Fontaneiros/as, categoría: Oficial
– Electricistas, categoría: Axudantes
– Albaneis, categoría: Oficial
– Peóns forestais.
– Peóns de Obras Públicas.
– Condutor/a camión.

Concesión de subvención ao Concello da Estrada no marco da liña 2 do Plan Concellos con destino ao financiamento da actuación “Actividades Culturais e Deportivas 2023” (Expdte 2023005704)
Anualidade: 2023
Orzamento: 134.387,33€
Subvención: 134.387,33€

“Acordo concesión da subvención o Concello da Estrada (liña 2)”

 

Scroll ao inicio
Skip to content