Concello da Estrada

O Teatro Principal honrou a poesía con recitais e a entrega do premio Avelina Valladares

O Teatro Principal acolleu a celebración da XVII Festa da Poesía, nun acto que incluíu tanto a entrega do XXVII premio de poesía Avelina Valladares como un recital poético por conta de estudantes de diferentes centros de ensinanza.

O escritor noiés, Manuel López Rodríguez recibiu de man do edil de Cultura, Juan Constenla, o que é xa o seu terceiro galardón consecutivo neste certame. O seu poemario ‘Fíotaxidermista’ foi seleccionada como a gañadora da presente edición grazas ao seu “realismo cromático, clasicismo do íntimo e cotiá e o hopperismo”.

O alumnado de diferentes centros de ensino enriqueceu o acto recitando obras poéticas dalgúns dos autores e autoras máis sobranceiras deste xénero literario.

A cita segue consolidándose como un dos eventos literarios máis sinalados no municipio, sumando en cada edición un maior número de asistentes e participantes.

Scroll ao inicio
Skip to content