Concello da Estrada

O Principal acollerá a entrega do XXVII premio de poesía Avelina Valladares a Manuel López na XVII Festa da Poesía

O Concello da Estrada celebrará este xoves, 14 de decembro, a XVII Festa da Poesía coa entrega do XXVII premio de poesía ‘Avelina Valladares’ a Manuel López Rodríguez.

O noiés revalida este galardón por terceiro ano consecutivo grazas ao seupoemario ‘Fíotaxidermista’, do cal o xurado destacou no momento da deliberación destacou “o seu realismo cromático, clasicismo do íntimo e cotiá e o hopperismo”.

Tamén se indica que “no seu simbolismo metafórico atopamos unha acentuación atinada”. Do mesmo xeito, destacaron que “utiliza o recurso de falla de artigo” e fan fincapé na derradeira, que se presenta “como un poema resumo, no que a percepción xeral de todo o poemario é o misterio como estratexia poética”.

O acto, programado para as 20:30 horas no Teatro Principal será de acceso libre para todas as persoas que desexen asistir.

Scroll ao inicio
Skip to content