Concello da Estrada

O Concello iniciou os trámites para solicitar á empresa responsable da fibra óptica o restablecemento do servizo nos núcleos afectados en Santo André de Vea

O Concello da Estrada xa iniciou os trámites pertinentes para solicitar á empresa responsable da fibra óptica a reparación das incidencias ocasionadas no subministro de fibra óptica en Santo André de Vea logo de que a saída de vía dun camión ocasionase onte o derrubamento dun dos postes que conectaba o cableado de fibra.

Desde a plataforma aestradadixital iniciáronse os contactos coa empresa responsable deste servizo para notificarlle a incidencia e, deste xeito, poder proceder á súa reparación. En base ás previsións, agárdase que os traballos para restablecer a fibra poidan ser executados ao longo das vindeiras xornadas.

Scroll ao inicio
Skip to content