Concello da Estrada

Moción conxunta aprobada polos grupos municipais do Partido Popular, PSdeGPSOE e Mixto (MOVETE)

Moción conxunta aprobada no Pleno do 7 de marzo de 2024 polos grupos municipais do Partido Popular, PSdeGPSOE e Mixto (MOVETE) con motivo da conmemoración do 8 de Marzo como Día Internacional da Muller:
“O 8 de marzo foi proclamado o Dia Internacional polos dereitos da Muller pola Organización das Nacións Unidas en 1975. Dende entón, é un día de celebración polos avances que se conseguiron ao longo da historia e de reivindicación polo que queda por facer en materia de igualdade entre homes e mulleres.
Desde o Concello da Estrada queremos sumarnos a este dia  conmemorativo e reivindicativo centrándonos sobre todo nas  administracións, xa que consideramos que as administracións públicas deben adoptar as medidas oportunas para garantir o exercicio
efectivo por parte de mulleres e homes, en condicións de igualdade, dos dereitos políticos, civís, económicos, sociais e culturais en virtude do artigo 9.2 da Constitución.
A igualdade xurídica ten que manifestarse en todas as esferas e deben levarase a cabo medidas co obxectivo de corrixir os esequilibrios existentes e que imposibilitan a consecución da igualdade real.
Os concellos somos a Administración da cidadanía, a que lle xera maior confianza.
Temos un papel relevante na construción social en igualdade ao sermos quen ten máis capacidade para chegar aos corazóns e ás conciencias, cimentos estes máis determinantes no comportamento.

Para avanzar dun xeito contundente e efectivo na igualdade de xénero, precísase da implicación activa de toda a poboación. Para iso, é fundamental tomar conciencia das desigualdades de xénero que perduran na nosa sociedade e nos diferentes ámbitos da nosa vida. É fundamental que a Administración promova iniciativas, pero tamén que conte co compromiso da sociedade na que pretende incidir.

Seguimos co firme compromiso de continuar avanzando neste camiño, o que supón continuar planificando accións que dean continuidade ao traballo previo, incidindo na información nos diversos ámbitos da sociedade, dende a educación nos centros de ensino ata os distintos colectivos e asociacións civís, pois o seu compromiso e apoio é fundamental para estender e implantar políticas de igualdade na nosa sociedade.

O Concello de A Estrada, proclama en firme a seu compromiso por defender a apoiar a igualdade de todas as persoas independentemente do seu sexo, reiteramos o noso compromiso coa defensa dos dereitos das mulleres e co obxectivo de que ocupen o lugar que lles corresponde (o mesmo que os homes). Por iso:

– Instamos a todos os organismos e entidades públicas e privadas, axentes sociais, sectores produtivos e á sociedade en xeral a subscribir esta declaración e aplicar os principios de igualdade de dereitos e responsabilidades entre mulleres e homes.
– Salientamos o inestimable e imprescindible valor da muller no desenvolvemento das persoas, da xeración de riqueza e do progreso da humanidade, e instamos á súa visibilidade.
– Denunciamos a inxustiza da desigualdade que persiste ata o de agora na sociedade que pon ás mulleres en situación de vulnerabilidade en múltiples eidos da vida, especialmente no laboral comprometémonos a empregarnos activamente e a fondo para
a súa corrección.
– Manifestamos o noso compromiso por aplicar todas as medidas posibles no seo das nosas organizacións e nos nosos ámbitos de influencia.
– Reclamamos a dotación apropiada para tal fin segundo a lexislación vixente a todas as administracións competentes nesta materia.
– Sinalamos a obrigatoriedade de coordinar e sumar as máximas sinerxías posibles na busca da igualdade, aumentar esforzos e medios e dar prioridade a este obxectivo.
– Comprometémonos a aportar e impulsar este proceder dentro das nosas posibilidades.”

Scroll ao inicio
Skip to content