Concello da Estrada

Maratón de cine de terror - PANIC

Maratón de cine de terror - PANIC


02/02/2024

O venres 2 de febreiro ás 20.30h, na Casa das Letras e en Minicines Central, décima edición do Festival de Cine de Terror PANIC.

Unha edición dirixida preferentemente ao alumnado dos IES estradenses, organizado e apoiado polas concellerías de Cultura e Sanidade do Concello da Estrada como unha alternativa de ocio saudable para a xente nova. O programa está complementado cunha exposición pictórica de Manuel Fragoso titulada 26 Seres vivos e por unha sesión de lectura de microrrelatos protagonizada pola escritora Arantza Portabales. As entradas serán de balde ata completar a capacidade das salas.

20.30h / Casa das Letras
Lectura de microrrelatos de terror, con Arantza Portabales
Modera Pedro Pérez

22.30h-0.40h
Pobres criaturas
Bella Baxter é unha moza revivida polo científico Dr. Godwin Baxter. Baixo a súa protección, Bella está ansiosa por aprender e “famenta” de novas amizades.

.

Scroll ao inicio
Skip to content