Concello da Estrada

Entroido 2024

Entroido 2024

13/02/2024

Os desfiles e concursos seguirán sendo os principais reclamos do entroido estradense, e nesta edición os premiados recibirán o importe dos seus premios in situ no momento da recollida dos mesmos.

Guimarei e Couso complementarán os festexos os días 12 e 11, respectivamente, e a hostalería local programa un concurso de disfraces para o 17 de febreiro.

O Concello da Estrada anunciou a súa programación para os festexos de entroido que terán lugar desde o venres, 9 de febreiro ata o sábado, día 17 de febreiro.

A edil de Xuventude, Lucía Seoane, foi a responsable de desmiuzar a programación duns festexos que contarán coas seguintes propostas:

O venres 9 de febreiro terá lugar o concurso de disfraces da hostalería estradense

O sábado 10 de febreiro terá lugar desde as 17.00 horas o baile de disfraces infantil no segundo andar da praza do Mercado, onde haberá actividades de diversa índole ademais dunha merenda.

O mesmo día, ás 17.30, a residencia de maiores acollerá o baile de disfraces que tamén incluirá merenda.

O sábado 11, Couso será un dos epicentros do entroido estradense co seu tradicional festexo.

O luns 12 celebrarase o concurso e desfile de disfraces, presentado por Isi. A cita dará comezo ás 17.00 horas e as persoas interesadas en participar poderán inscribirse tanto como é habitual no Concello ou a través do enderezo electrónico municipal, ou presencialmente ata o momento da saída que será desde a rúa Antón Losada, para continuar polas rúas Avda. de Santiago, Avda. América, rúa Peregrina, praza da Farola, rúa Calvo Sotelo, rúa Severino Trigo e praza da Feira.

A contía dos premios será maior que en edicións anteriores e aboarase no mesmo momento no que se faga entrega dos premios. O desglose de cantidades a percibir polos gañadores das diferentes modalidades é o seguinte:

CATEGORÍA INDIVIDUAL INFANTIL (ata 14 anos)

Premio único …………………………………….. 90,00€

CATEGORÍA INDIVIDUAL ADULTO

Premio único ……………………………………. 120,00€

CATEGORÍA PARELLAS

Premio único …………………………………….150,00€

CATEGORÍA MASCOTAS

Premio único …………………………………….. 50,00€

CATEGORÍA GRUPOS

1.º premio………………………………………..1.200,00€

2.º premio…………………………………………. 600,00€

3.º premio…………………………………………. 300,00€

4.º premio…………………………………………..150,00€

Ademais, establécese un premio especial na categoría de GRUPOS de 200,00€ para unha agrupación local. Para considerarse grupo local deberá estar formado cun mínimo de máis do 50% de residentes na Estrada. Este premio non será outorgado se fosen premiados noutras modalidades e deberase indicar na folla de inscrición se compren o requisito para poder optar a esta modalidade.

Os premios entregaranse no día da celebración do concurso por parte dun representante municipal, debendo estar presente os gañadores.

Neste Concurso valoráranse os aspectos artísticos dos disfraces, a orixinalidade, a creatividade e terase en conta ademais a participación activa e humorística no desfile.

O tribunal estará constituído pola Concelleira de Mocidade Lucía Seoane Rosende, polo membro de Producciones Trípode, Juan Pedro Pérez e polas actrices Chelo do Rejo e Sali Torres.

O martes 13 celebrarase o desfile tradicional coa participación dos xenerais de Santa Cristina de Vea, que terá saída desde a rúa Antón Losada. O mesmo días, ás 18:30 terán lugar os Vivas e os encontros dos xenerais, nunha actividade presentada por Pablo Chichas.

A Santa Apolonia de Guimarei e a hostelería local animarán o entroido

Guimarei honrará o luns 12 de febreiro a Santa Apolonia desde as 13.00 horas coa misa cantada e a sesión vermú amenizada polo grupo de gaitas local Tambarrantán. A partir das 23.00 horas terá lugar a verbena, un acto de gran repercusión na comarca que contará coas orquestras París de Noia e Finisterre. Haberá carpa e bus cun custe de 2 euros. A organización informará que nas vindeiras datas se informará a través das súas redes sociais tanto de horarios como de paradas.

A hostalaría celebrará un concurso de disfraces o 9 de febreiro desde as 21.00 horas dándose os premios ás 02.30 horas. Pola súa parte o sábado de piñata, 17 de febreiro, celebrarase o tradicional enterro do salmón desde as 19.00 horas.

.

Scroll ao inicio
Skip to content