Concello da Estrada

Listado admitidos / reservas Campamento no Mar 2024

Listado de admitidos e reservas, para o Campamento no Mar 2024 que se celebrará no Campamento Xuvenil “Virxe de Loreto” (Porto do Son) do 26 de agosto ó 4 de setembro. (Descargar listado)

Documentación a presentar (en caso de non presentala no momento de facer a solicitude):

  • Foto recente do/a participante
  • Cuestionario informativo (descargar cuestionario)
  • Tarxeta sanitaria do/a menor (por ambas caras)
  • Fotocopia do libro de familia (só se solicita bonificación por 2º irmán/á participante)
  • Título de familia numerosa (si se solicita bonificación por familia numerosa)
  • Acreditación de ser familia monoparental, en caso de solicitar bonificación.

O pago poderán facelo de duas maneiras:

  • Con tarxeta (no departamento de Servizos Sociais)
  • Transferencia bancaria (recollendo a carta de pago no departamento de Servizos Sociais) e presentando o xustificante no mesmo departamento.

O pago realizarase do 29 de xullo ó 5 de agosto.

NOTA:
O martes 20 de agosto ás 20:30 horas celebrarase no Salón de Plenos do Concello a reunión informativa coas familias.

Scroll ao inicio
Skip to content