Trámites
Home » Imposto sobre Construcións – Instalacións
Imposto sobre bens inmobles - IBI
Que é ? É un tributo directo sobre a propiedade ou titularidade dun dereito real (usofructo, superficie ou concesion administrativa) dos bens inmobles de natureza urbana ou rústica sitos no término municipal. Quen ten que pagalo ? O propietario ou titular do dereito sobre o inmoble. Hai algunha exención ou bonificacion ? – Si, as contempladas nos artigos 4 e 9 da correspondente Ordenanza. Como se tramita ? Os trámites varían segundo se trate dunha :
– Alta ou Modificación
– Cambio de nome do titular do inmoble.
– Solicitude exención ou bonificaciónCanto custa ? A base liquidable deste imposto e o valor catastral do ben inmoble coas reduccións que legalmente lle correspondan.
A cota ven dada pola aplicación á base liquidable dos seguintes tipos de gravame :
– Bens inmobles urbanos : 0,4 por cento.
– Bens inmobles rústicos : 0,3 por cento.
– Bens inmobles de características especiais : 0,6 por cento.
A cantidade resultante poderá minorarse co importe das bonificacións previstas no artigo 9 da Ordenanza.Cando hai que pagalo ? Calendario do Contribuinte. Como se paga ? – Nas oficinas do ORAL – Av. Benito Vigo, 51 – A Estrada.
– Mediante Domiciliación bancaria.Onde podo atopar máis información ? – Na páxina do Catastro.
– Consultando a Ordenanza fiscal.
– Na Lei de Facendas Locais artigos 61 a 78.