Concello da Estrada

Este venres comeza o festival de cine de terror PANIC

Este vindeiro venres ás 22.30h, en Minicines Central, bota a andar a décima edición do Festival de Cine de Terror PANIC, unha edición dirixida preferentemente ao alumnado dos IES estradenses, organizado e apoiado polas concellerías de Cultura e Sanidade do Concello da Estrada como unha alternativa de ocio saudable para a xente nova. O programa está complementado cunha exposición pictórica de Manuel Fragoso titulada 26 Seres vivos e por unha sesión de lectura de microrrelatos protagonizada pola escritora Arantza Portabales. As entradas serán de balde ata completar a capacidade das salas.

PROGRAMA PANIC 2024

MARATÓN

19-01-2024

22.30h-00.10h
Cuando acecha la maldad
Nunha vila remota, dous irmáns descobren un home infectado por forzas malignas que está a piques de enxendrar o mesmo demo…

00.10h-01.40h
Háblame (Talk to me)
A adolescente solitaria Mia está enganchada á emoción de invocar espíritos, utilizando unha man embalsamada…

01.50h-03.35h
Las colinas tienen ojos
A viaxe dunha familia convértese nun pesadelo terrorífico cando se adentran nunha zona desértica de acceso restrinxido…

03.35h-05.10h
Arrástrame al infierno
Unha anciá decide vingarse dunha prestamista que lle quita a casa, lanzándolle unha maldición que converte a súa vida nun auténtico inferno…

26-01-2024

22.30h-0.45h
Terrifier 2
Despois de ser resucitado por unha entidade sinistra, Art the Clown regresa ao condado de Miles en plena noite de Halloween…

01-02-2024

20.30h / Casa das Letras
Inauguración da Exposición 26 Seres vivos
Manuel Fragoso

02-02-2024

20.30h / Casa das Letras
Lectura de microrrelatos de terror, con Arantza Portabales
Modera Pedro Pérez

02-02-2024

22.30h-0.40h
Pobres criaturas
Bella Baxter é unha moza revivida polo científico Dr. Godwin Baxter. Baixo a súa protección, Bella está ansiosa por aprender e “famenta” de novas amizades.

Scroll ao inicio
Skip to content