Concello da Estrada

Cultura

Ventura Figueroa, Manuel

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Ventura Figueroa, Manuel Nado no 1708 en Sorribas – Santa Cristina de Vea, segundo Pedro Varela e Reimóndez Portela, e no Hospital Real de Santiago, segundo o biógrafo C. Sánchez Rivera, e José Filgueira Valverde. Chegou a ser Secretario do Papa. No seu Testamento deixou estabrecida unha Fundacion benefica, cecais das mais importantes.

Velho de Tabeirós

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Velho de Tabeirós Notable poeta, cortesano do Conde de Trastámara e irmán do anterior.

Varela Castro, Pedro

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Varela Castro, Pedro Autor de La Estrada, publicado en 1923 e primeiro libro sobre o concello da Estrada.

Varela Buxán, Manuel Daniel

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Varela Buxán, Manuel Daniel Naceu na parroquia de Lamas, deste Concello, o día 2 de marzo de 1909, finou no ano 1986. Emigrou á Arxentina onde fundou a Compañía de Teatro Galego «Aires da Terra» que máis tarde se chamou «Maruxa Villanueva», escribe teatro e en 1938 estrea a súa obra Se o sei non volvo á casa. Alí fixo amizade con Castelao e puxo en escea por primeira vez a obra deste Os vellos non deben de namorarse.   Regresa a Galicia en 1950 e establecese como practicante en Cercio (Lalín). Escribiu unhas 29 pezas teatrais cheas de amor e añoranza da terra galega : O Ferreiro de Satán, Taberna sen dono, A xustiza dun muiñeiro, O cego de Fornelos, ¿Pista ou peste? … Obras Obras Título: Grazas, padre Ramón Editorial: Edicións FervenzaDescripción: Comedia dramática escrita polo autor máis representado do teatro galego, creador da primeira compañía de teatro galego. Título: O cego de FornelosEditorial: Edicións FervenzaDescripción: Peza teatral que conta cun  sentido prólogo do seu amigo Xosé Vázquez Pintor. Título: Salaios dun vello labregoEditorial: Edicións FervenzaDescripción: Pequena peza teatral do Patriarca do Teatro Galego, que serviu coma un modelo galeguizador no tempo das Irmandades da Fala. A edición está acompañada dunha conversa do escritor Luna Sanmartín co intelectual e dramaturgo Francisco Pillado Mayor, o culpable de dar a coñecer a figura de Varela Buxán en Galicia. Título: Grazas, padre Ramón Editorial: Edicións FervenzaDescripción: Comedia dramática escrita polo autor máis representado do teatro galego, creador da primeira compañía de teatro galego. Título: O cego de FornelosEditorial: Edicións FervenzaDescripción: Peza teatral que conta cun  sentido prólogo do seu amigo Xosé Vázquez Pintor. Título: Salaios dun vello labregoEditorial: Edicións FervenzaDescripción: Pequena peza teatral do Patriarca do Teatro Galego, que serviu coma un modelo galeguizador no tempo das Irmandades da Fala. A edición está acompañada dunha conversa do escritor Luna Sanmartín co intelectual e dramaturgo Francisco Pillado Mayor, o culpable de dar a coñecer a figura de Varela Buxán en Galicia.

Soarez de Tabeirós, Pai

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Soarez de Tabeirós, Pai Esparciu a poesía de gusto provenzal na corte de Afonso VII. Algúns dos seus versos parecen emprazarse no ano 1189, entre os mais significativos : «Como morreu quen nunca ben hoube da ren que mais amou…»

Sanmartín Sobrino, José

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Sanmartín Sobrino, José Nace na Estrada o 9 de xullo de 1934. Despois de estudia-lo bacharelato emigra a Caracas onde se integra nos colectivos de emigrantes. Fundador da asociación Fillos da Estrada, da Sociedad de Amigos de Santiago e delegado de cultura da Hermandad Gallega de Venezuela, cunha ampla actividade colabora en prensa artigos , revistas e radio.  No 1986 publica Un país llamado La Estrada, máis tarde Calles y plazas de A Estrada e A Estrada en el Camino de Santiago. Autodidacta e preocupado sempre pola súa terra, atesourou unha ben nutrida biblioteca que doou á súa vila, polo que foi nomeado Fillo Predilecto.

Reimóndez Portela, Manuel

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Reimóndez Portela, Manuel San Miguel de Castro, A Estrada, 1916 – San Miguel de Castro, A Estrada, 1994. No ano 1996 a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada crea na súa honra o «Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela» , co obxectivo de contribuír ao fomento e difusión da lectura na Comunidade Autónoma Galega.  Dáselle o seu nome ao Museo do Pobo Estradense. No 2004 o Concello da Estrada réndelle homenaxe adicándolle o seu Ano Cultural. San Miguel de Castro, A Estrada, 1916 – San Miguel de Castro, A Estrada, 1994 No ano 1996 a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada crea na súa honra o «Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela» , co obxectivo de contribuír ao fomento e difusión da lectura na Comunidade Autónoma Galega. Dáselle o seu nome ao Museo do Pobo Estradense. No 2004 o Concello da Estrada réndelle homenaxe adicándolle o seu Ano Cultural. Biografía Bibliografía Obras Biografía DATAS DUNHA VIDA 1916 Nace o 26 de marzo en San Miguel de Castro. É o primoxénito de catro fillos : Manuel, Lisardo, Adolfo e Mª. do Carme, do matrimonio composto por Maximino Reimóndez Rey e a súa dona Carme Portela Silva. 1925 Con nove anos acompaña a seu pai no seu retorno a Cuba, da que regresaría, a raíz da súa crise económica na época de Machado, en 1931. 1931 Ingresa no instituto de Santiago e posteriormente nos Irmáns Maristas. 1935 Obtén o título de bacharelelato e comeza a carreira de medicina. 1936 Co estoupido da guerra civil, o estudiante Reimóndez pasa a prestar os seus servizos sanitarios no hospital de Santiago e xa incorporado a filas, atende aos feridos nas frontes de León, Teruel, Extremadura e Guadalaxara, para continuar os seus estudos no 1939. 1939 Licenciase na cidade de Oviedo e volta os estudios de medicina na universidade galega. 1942 Remata os seus estudos de medicina. A pesares da súa vasta preparación tanto teórica como práctica, que o facultaría para abrir consulta en calquera cidade do país, o seu amor ás raíces e o seu desexo de poñer o seu saber a disposición dos veciños da súa parroquia natal fai que abra consulta en S. Miguel de Castro, na palleira da casa petrucia sen descoidar en ningún momento os estudios de doutoramento. Nesa época comeza a labrar a súa merecida sona de home preocupado non só polas doenzas do corpo senón tamén da alma e a súa casa queda pequena para recibir a tantas persoas que acuden a el en busca de remedios para a súa saúde e tamén como conselleiro e amigo, polo que dende moi pronto se plantexa a necesidade de crear unha clínica na parroquia de Castro, algo totalmente fóra de uso naquel tempo. 1945 No mes de setembro casa con dona Maria Victoria Fernández de la Torre, maestra nacional, e natural do veciño concello de Boqueixón. Froito deste matrimonio han se-los tres fillos : Manuel Angel, Maria Victoria e José Luís. 1960 Defensa da súa tese de doutoramento, Contribución al estudio vascular de la articulación de la muñeca” que écualificada cun Sobresaínte Cum Laude, acadando o título de Doutor en Medicina e Ciruxía, título do que nunca fixo ostentación pois nas súas verbas prefería ser “D. Manuel ou Señor médico…pero nunca doutor” polo seu afán de humanizar a práctica da medicina e facela máis cercana ó pobo. 1966 Obtén o título de Especialista do Aparato Dixestivo e nos anos posteriores a súa actividade profesional lévao ser Socio numerario da Academia Médico Cirúrxica de Santiago, Socio Fundador da Sociedade Galega de Patoloxía dixestiva e Académico Correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía da Coruña. 1976 Comeza a faceta de escritor comprometido co seu entorno, mostra do seu compromiso activo coa terra, a historia e a arte local. Publica “Guía turística de La Estrada” á que seguirían nos seguintes anos moitos outros títulos, todos eles referidos a aspectos artísticos, históricos, etnográficos, etc do Concello da Estrada. 1978 Preside a comisión que elabora o anteproxecto do Estatuto de Galicia, coñecido como ” O Estatuto dos 16″. 1980 Os amplos e documentados traballos sobre as terras da Estrada e o seu traballo como Presidente do Centro de Iniciativas e Turismo, fanno merecedor da Medalla de Prata o Merito Turistico. 1986 Con motivo da súa xubilacion oficial, recebe en San Miguel de Castro un multitudinario homenaxe. 1987 Sae elexido Alcalde da Estrada. 1994 Fina ó 20 de xuño na súa casa de San Miguel de Castro. Bibliografía BIBLIOGRAFIA “Manuel Reimóndez Portela na lembranza” (Edicios do Castro, O Castro, Sada, 1996). Coordinador: Xoán Andrés Fernández Castro. Presentación “Da lectura e do libro (dúas incursións)” por Xesús Alonso Montero. “As primeiras festas do salmón” por Eliseo Alonso Rodríguez. “Apuntes a unha biografía de Manuel Reimóndez Portela” por Olimpio Arca Caldas. “Onde o mundo se chama camiño” por Carlos Baliñas Fernández. “¡Eramos tan novos!” por Roberto Luís Blanco Valdés. “A menciña da palabra”. “Datos antropolóxicos” por Manuel Cabada Castro. “Don Manuel Reimóndez Portela”, por Ramón Campos Durán. “Do meu rueiro” por Pepe Carballude. “Manuel Reimóndez Portela. Médico e Humanista” por Xosé Carro Otero. “Admiración y afecto desde la distancia” por Xosé Manuel Castelao Bragaña. “Nenia para un gentil caballero” por Camilo José Cela. Isaac Diaz Pardo. “Manuel Reimóndez. Coma un perfil nas sombras” por Gustavo Docampo Otero. “En recuerdo y homenaje a D. Manuel Reimóndez Portela” por José Espiño Matos. “A biblioteca de Castelao en Buenos Aires” por Juan Andrés Fernández Castro. “Reimóndez Portela, estradense ilustre” por Antonio Fraguas Fraguas. “Un médico na aldea”, por Salvador Garcia Bodaño. “Emergencias en Europa de enfermedades prevenibles con vacunas”, por Juan J. Gestal Otero. Paco Lareo. Laxeiro. “Una cuestión que atañe

García Barros, Manuel

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos García Barros, Manuel Nace en Berres no seo dunha familia labregra. Estudiou Maxisterio, profesión que tivo que deixar en 1936 por represalias politicas. Empezou a colaborar na prensa galega en 1903, facendo popular o pseudonimo de Ken Keirades co que asinaba as súas Rexoubas. En 1931 publicou Contiños de Terra e en 1972, pouco despois da súa morte, apareceu As aventuras de Alberte Quiñoy, novela na que o autor relata a súa nenez e adolescencia. Outras obras : Enredos, Dos meus recordos, Contos en Salmoira, Fiunchos. Dende 1989 o Concello da Estrada ven convocando cada ano o Premio de novela Manuel García Barros (Ken Keirades) , que hoxe é xa un dos máis prestixiosos do país. Biografía Bibliografía Obras Biografía DATAS DUNHA VIDA 1876 – 16 DE NOVEMBRO Nace no lugar de Ulla – Berres no concello da Estrada, nunha familia campesiña. 1905 Remata os estudos de Maxisterio, como alumno libre, na Escola Normal de Santiago de Compostela. 1906 Casa con Carmen Insua Rodríguez e vai vivir para a casa da súa dona, no lugar de Pousada, na paroquia estradense de Callobre. Será o seu fogar definitivo. O matrimonio terá catro fillos. Sae a rúa, no seu concello natal, o periodico El Estradense, oposto os sectores partidarios do daquela todopoderoso Marqúes de Riestra. García Barros chegou a ser director desta publicación. 1907 Encarcerado pola súa actividade en El Estradense por “supostas calumnias a determinadas autoridades”, como el mesmo deixou escrito nun artigo tras ser posto en liberdade. Os problemas coa xustiza e con algúns sectores da política e da vida social da zona foron frecuentes ó longo da vida xornalística de García Barros. 1908 Vicepresidente da Federacion Sindical Agrícola do Concello da Estrada. 1920 Abre a colaboración có periódico El Emigrado, órgano das Sociedades de Agricultores e Emigrados da zona da estrada. No número 3 desta publicación – 15 de outubro – iniciou a sección Contiños da terra, co relato titulado “Camiño da montaña”. 1923 Logra despois de varios intentos e decepcións, praza oficial como mestre. O seu primeiro destino foi a parroquia estradense de Rubín. 1924 En xaneiro iniciou en El Emigrado a sección titulada Rexoubas, coa que empeza a empregar o pseudónimo Ken Keirades, e que, como os contiños tanta sona lle daría. Premiado no certame literario promovido pola Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela polo seu conto O fubol en Malpocados, un dos relatos máis orixinais da súa traxectoria. 1929 Logra co traballo Falemos na nosa fala o primeiro premio nun certame de exaltación da muller galega, celebrado na cidade de Pontevedra. 1930 Editase na Coruña Falemos na nosa fala. A edición deste breve traballo foi custeada por emigrantes estradenses con motivo do Día de Galicia. 1931 Publicación en libro de Contiños da Terra. A edición, feita na Coruña pola editorial Nós, contou co apoio económico das sociedades de emigrados da Estrada en Buenos Aires e La Habana. 1936 Ten que rematar, debido á nova situación política, a exitosa colaboración con El Emigrado, periódico que se seguirá editando pero nunha liña de aproximaciónó novo réxime político. 30 de agosto O novo réxime político, a través do gobernador civíl de Pontevedra, suspéndeo de emprego e soldo como mestre, debido á súa traxectoria social e cultural 1940 Unha orde ministerial confirma a súa separación definitiva da docencia. 1941 Morre, os 63 anos de idade, a súa dona Carmen Insua. 1942 Conclue a redacción da novela As aventuras de Alberte Quiñoy. 1949 Un certame literario do Centro Galego de Buenos Aires considera As aventuras de Alberte Quiñoy unha das catro obras presentadas a concurso con “meritos suficientes para poder obter o primeiro premio”. 1952 Segunda edición de Contiños da Terra, feita en Buenos Aires cos auspicios do Centro Cultural do Partido da Estrada. 1955 Andando xa os oitenta anos, trasladáno durante uns días ó Cárcere Provincial de Pontevedra. O motivo foi que durante un rexistro policial na súa casa de Pousada atoparan na mesma revistas e documentación consideradas contrarias ó réxime político e social imposto. 1957 – 31 DE MARZO Nomeado correspondente da Real Academia Galega. 1958 Inclúe no seu testamento a famosa cláusula na que recorda o seu amor a Galicia e fai votos para un futuro mellor para a mesma. A profesora arxentina Cecilia Alcoba de Abril reúne material literario de García Barros en Buenos Aires – entre o que se atopa a copia orixinal de As aventuras de Alberte Quiñoy e trasladao a Galicia. Anos despois xa morto o escritor, remitirá a súa familia máis documentación. 1972 – 12 DE ABRIL Morre na súa casa de Pousada – Callobre. Foi soterrado no cemiterio parroquial de San Martiño de Callobre. En outono publicase en Vigo a primeira edición de As aventuras de Alberte Quiñoi. Bibliografía BIBLIOGRAFIA ALFONSIN, T : “Lo que es Garcia Barros y lo que se merece”. El Emigrado, nº 75, A Estrada 1922, p.2 ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, E., “Limiar”, en Manuel García Barros, Aventuras de Alberte Quiñoi, Col. Pombal, Edit. Castrelos, Vigo, 1972, pp. 7-10. ARIAS, V, Aventuras de Alberte Quiñoi por M.G.B., Grial, nº. 41,1973, pp. 380-381 CABANA, D. X., “Na morte do Patriarca Manuel García Barros”, Galicia, maio-xuño, 1972, 39. CABANA, D. X.,”Conferencia”, Casino da Estrada, 11V111973. (Inédita). CARBALLO CALERO, R., Historia da literatura galega contemporánea, Edit. Galaxia, Vigo, 1981, 3ª. ed., pp. 555-557. C0UCEIR0 FREIJOMIL, A., Diccionario bio-bibliográfico de escritores, vol. II, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, Santiago de Compostela, 1952. pp. 125-126. COUCEIRO FRIEJOMIL, A.,El idioma gallego. Historia gramática. Literatura, Casa Editorial Alberto Martín, Barcelona, 1935, p. 463. FERNÁNDEZ DEL RIEGO, E., Historia da literatura galega, Edit. Galaxia, Vigo, 1971, 2ª. ed., p. 179. FERNÁNDEZ DEL RIEGO, E., Diccionario de escritores en lingua galega, Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1992, 2ª. ed., p. 166. FERNÁNDEZ DEL RIEGO, E., O

Fernández Da Ponte, José

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Fernández da Ponte, José Tabeirós 1901 – Santiago 1989 Maestro rural e periodista, autor dos versos bilingues Latexos e Noesba.

del Hoyo, Gerónimo

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos del Hoyo, Gerónimo Natural de Rivela, cardenal, autor de Memorias de las feligresias del Arzobispado de Santiago.

Scroll al inicio
Ir al contenido