Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Mulleres Valentes – Láminas 00/52 Mamalola A Estrada, 1905 – 1996 Dolores Veloz, a avoa de Rosa de Cabanas. Nos anos 20 partiu desde a casa onde naceu en Parada para servir na casa dos seus padriños, en Ouzande, parroquia onde se estableceu e residiu o resto da súa vida. Volvería a andar eses camiños moitas veces e outros máis para ir ás feiras da contorna, gañando a vida comprando e vendendo porcos. Malia non ter estudos, foi unha gran contadora de historias, que levou con ela cando morreu aos 91 anos. 01/52 Xela Arias Poeta, tradutora, editora, profesora Lugo, 1962 – Vigo, 2003 Unha das voces máis singulares da poesía contemporánea. Xela Arias anticipou nos anos oitenta moitos temas e características formais da lírica galega da década seguinte. Experimentou co diálogo entre a poesía e a fotografía ou a música. A súa é unha poesía urbana, que rompe formalmente co código poético convencional, cunha dimensión social e precursora da escrita de xénero. 02/52 Maruxa Mallo Pintora Viveiro, 1902 – Madrid, 1995 Viviu o século XX con intensidade creativa e vital. Fórmase en Madrid, onde se titulou en Belas Artes. Pintora vangardista, adiantada e comprometida. Formou parte da xeración do 27 española. A ditadura franquista levouna ao exilio en Bos Aires, onde seguiu creando. Volveu a Madrid, e alí viviu unha madurez lúcida e participativa. 03/52 Loli Camba A Estrada, 1963 – 2021 A despedida de Loli golpeounos en xaneiro de 2021, deixando un oco inmenso entre os seus afectos. Traballadora en múltiples tarefas, nai dedicada e orgullosa, amiga comprensiva, artista tecedora brillante, dinamizadora social n´A Fervenza de Ouzande… a alma de todas as festas, especialmente dos antroidos. Quedará sempre na nosa memoria. 04/52 Eileen Gray Arquitecta e deseñadora de mobiliario Enniscorthy (Irlanda), 1878 – París, 1976 Pioneira da arquitectura moderna, creadora elegante e visionaria, cunha longa vida e extensa obra. Traballou fóra da corrente xeral da modernidade durante toda a súa carreira.Nun momento en que outros deseñadores eran case todos homes e na súa maioría membros de un movemento ou outro, ela permaneceu independente. 05/52 Lolita Díaz Baliño Ilustradora A Coruña, 1905 – 1963 Nacida nunha familia de creadores, as ilustracións de Lolita ocuparon as revistas máis importantes dos anos 20. Nun momento en que para unha muller era difícil destacar, ela foi capaz de facerse un nome no mundo artístico. A súa traxectoria foi truncada pola Guerra Civil, e na súa madurez dedicouse á docencia Escola de Artes e Oficios, formando moitas mulleres artistas. Deixou un grande legado que foi esquecido durante moito tempo. 06/52 Camille Claudel Escultora Aisne (Francia), 1864 – Vaucluse, 1943 Escultora de enorme talento, foi colaboradora no taller de Auguste Rodin, cuxa relación e influencia tivo consecuencias desiguais. Tivo uns anos de gran produción artística e de moita calidade, mais a súa saúde mental quedou deteriorada. Pasou os seus últimos trinta anos recluída nunha institución mental por orde da súa familia, e foi enterrada nunha tumba sen nome. 07/52 Marga Gil Roësset Ilustradora e escultora Madrid, 1908 – 1932 Nacida nun entorno culto e ilustrado, desde moi nova amosou o seu talento primeiro para a ilustración e despois para a escultura. A súa traxectoria foi impresionante e destacou en diferentes técnicas, mais viuse interrompida abruptamente ao suicidarse con 24 anos, sen saber xestionar un amor non correspondido por Juan Ramón Jiménez. 08/52 Rosalía de Castro Escritora Santiago de Compostela, 1837 – Padrón, 1885 Figura fundamental da Literatura do século XIX, cunha influencia que chega ao presente. A publicación de Cantares gallegos no ano 1863 supuxo o punto de partida do Rexurdimento e marcou un punto de inflexión na historia da literatura galega. A partir dun elevado compromiso ético, social e literario, a escritora prestixiou o galego como lingua literaria e reivindicou o seu uso, e foi precursora do feminismo. 09/52 Teresa Wilms Montt Escritora Viña del Mar (Chile), 1893 – París, 1921 Espírito rebelde dentro dunha familia descendente de realeza. Foi recluída nun convento baixo acusación de adulterio. Despois de fuxir, estableceuse en Bos Aires e comezou a súa carreira literaria, mais o seu percorrido levaríaa a España, deportada como sospeitosa de espionaxe, e finalmente a París, sempre relacionándose coa bohemia de todas as cidades onde viviu. Rematou a súa vida suicidándose tras unha depresión. 10/52 María Casares Actriz A Coruña, 1922 – Alloue (Francia), 1996 Filla de Santiago Casares Quiroga, presidente do goberno de España na II República. A familia exiliouse en París tras a Guerra Civil, e alí estudou teatro. Tivo unha gran traxectoria como actriz de teatro e tamén no cinema en Francia, chegando a ter un status de estrela nese país, non chegando a ser tan recoñecida no noso. Porén, hoxe existen uns premios do teatro galego que levan o seu nome. 11/52 Clarice Lispector Escritora Chechelnyk (Ucraína), 1920 – Río de Janeiro, 1977 Unha das escritoras brasileiras máis importantes do século XX. Chegou ao país suramericano fuxindo coa súa familia xudía da Guerra civil rusa. Figura de gran influencia nas novas xeracións de autores brasileiros e internacionais. A súa obra, centrada na prosa de ficción e no ensaio converteuna nunha figura de culto e tamén referente para o feminismo. 12/52 Virxinia Pereira A Estrada,1884 – Madrid 1889 Casou con Alfonso Daniel Castelao na Estrada en 1912. Foi a súa compañeira e coidadora nas súas doenzas. Acompañouno nas viaxes de recollida de fondos para a República (Á URSS, A Estados Unidos e a Cuba) e máis tarde no exilio en Arxentina. Despois da morte de Castelao, conservou, defendeu e divulgou o seu legado e amosou un total compromiso galeguista e antifranquista. 13/52 Lina Bo Bardi Arquitecta Roma, 1914 – Sao Paulo 1992 Unha das arquitectas máis expresivas e importantes da