Concello da Estrada

Avanza a reparación dos desperfectos ocasionados polas obras en Nigoi e Tabeirós logo de que a veciñanza os comunicara ao Concello

Os traballos para a reparación dos distintos desperfectos ocasionados durante o desenvolvemento das obras para dotar de abastecemento as parroquias de Tabeirós e Nigoi avanzan a bo ritmo e na actualidade xa se atopan próximas ao seu remate.

O Concello da Estrada, malia non tratarse dunha actuación municipal, levou a cabo os trámites pertinentes coa empresa responsable da mesma para pórlle solución ás incidencias ocasionadas tanto en terreos públicos como privados.

Ditas reparacións xa se atopan nun estado moi avanzado e agárdase que logo dos festexos de Reis poidan resolverse todas aquelas incidencias que xa foron pertinentemente notificadas e identificadas. Ademais, desde o goberno local indican que toda a veciñanza afectada e que aínda non trasladara a súa problemática poderá facela poñéndose en contacto co Concello para deste xeito trasladarlle a notificación á empresa encargada dos traballos.

O edil Gonzalo Louzao remarca que aínda que os traballos non sexan de titularidade municipal “o Concello fará sempre todo o posible para que a veciñanza poida dispor das mellores condicións”, e incide en que os veciños que sufriran desperfectos “se poñan en contacto co concello para poder darlle solución”.

Scroll ao inicio
Skip to content