Concello da Estrada

A gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática, Paula Carballeira, visita o Teatro Principal da Estrada

O concello da Estrada acolle este xoves, 7 de marzo, un parladoiro coa gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática, Paula Carballeira. A actividade enmárcase dentro dos actos programados polo Día Internacional da Muller, que se conmemora este venres, 8 de marzo.

A autora, falará sobre o seu libro ‘As alumnas’, polo que recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Ao remate do faladoiro, a escritora asinará exemplares do obra.

O evento terá lugar ás 20:30 horas no Teatro Principal do municipio. A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.

‘As alumnas’ constrúe o seu relato arredor da educación para o desenvolvemento e a liberdade das persoas, especialmente das mulleres. As dúas protagonistas femininas da obra representan a dúas mozas no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que contan a súa historia a través das transformacións sociais do momento.

Scroll ao inicio
Skip to content