Concello da Estrada

A Estrada despide o 2023 cunha semana chea de actividades varias para todos os públicos

O Concello da Estrada poralle esta semana o punto e final ao 2023 cunha ampla oferta de actividades culturais e deportivas dirixidas para todo tipo de públicos.

Mañá, mércores 27 de decembro, o Teatro Principal acollerá desde as 17:30 horas a representación da obra ‘Os Tres Porquiños’, por conta de Educa Teatro. A obra, dirixida ao público familiar, narra a popular historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus porquiños preferidos.

Tamén mañá, a partir das 18:30 horas, Moa Quinteto levará a cabo unha actuación na Prazoleta.
O xoves, día 28, a diversión virá da man de Filipa co Nadal, de Bandullo Azul na rúa Principal ás 18:00 e con Ce Orquestra Pantasma na rúa Principal e na Sala Abanca ás 19:00 horas. Pola súa parte, ás 21:00 horas, o Principal será o escenario do concerto tributo a Phill Collins por conta do grupo ‘In the Air Tonight’.

A animación na rúa será a encargada de animar as tardes do venres e o sábado cos espectáculos O dentista, de Troula animación, na rúa Principal ás 18:30 e O Apalpador, de Os Monifates, na Prazoleta ás 19:30 horas, ambos o venres, e coa Fanfarria Taquikardia, o sábado nas rúas Calvo Sotelo, Serafín Pazo e Prazoleta desde as 18:30 horas.

Finalmente, o domingo 31 será o protagonista da despedida do 2023 cunha dobre cita que se iniciará ás 09:30 horas coa saída da III San Silveira BTT e terá continuidade ás 17:00 horas co inicio da XIII San Silvestre Estradense. Ambas probas son de carácter non competitivo e para participar haberá que doar un kg de alimentos non perecedoiros.

Scroll ao inicio
Skip to content