Servizos
Servizos - Policía Local - Atención Cidadá - Tarxeta de estacionamiento para persoas con mobilidade reducida
Tarxeta de estacionamiento para persoas con mobilidade reducida
Segundo o artigo 30 da modificación do título IX da ordenanza municipal de circulación deste Concello, no referente á concesión e tramitación das tarxetas de aparcamento para diminuídos físicos, será necesario para a súa obtención:
- Volante de empadroamento do Concello da Estrada
- Fotocopia do DNI do solicitante ou representante legal
- Fotografía actual tamaño carné
- Certificado de minusvalía expedido polo EVO no que se faga constar a imposibilidade de facer uso do transporte público.
- Fotocopia da documentación do vehículo a nome da persoa con discapacidade, na que conste que o vehículo está adaptado, ou no seu caso, a nome da persoa encargada de transportalo habitualmente.
- Fotocopia do permiso de conducir
- Fotocopia do pagamento do último recibo do imposto municipal sobre vehículos (IVTM) ou exención (se minusvalía > 33%)
- Declaración xurada do condutor habitual do vehículo, alegando a dita condición, no suposto de que non sexa a persoa con discapacidade.
Todo isto, xunto coa solicitude, deberá presentarse no Rexistro do Concello da Estrada.
Se quere consultar toda a información sobre a ordenanza, prema aquí.