Concello da Estrada

Servizos Sociais

Que é o CIM?

O CIM é un servizo público e gratuito de atención especializada no que se ofrece asesoramento xurídico, atención psicolóxica e orientación sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes.

Prestamos atención específica á mulleres vítimas de violencia de xénero e, de ser o caso, aos fillas/os menores a cargo ou maiores dependentes delas, facilitando acceso aos recursos, a xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que sexan oportunos.

Principios de actuación:

  • Gratuidade
  • Respeto á vontade da persoa
  • Confidencialidade

Scroll ao inicio
Skip to content