Deporte
Deporte - Información e contacto
Menu
Close
Información e contacto
O obxectivo fundamental do Departamento de Deportes é canalizar a intervención do Concello no ámbito deportivo e deste xeito poder atender as necesidades do tecido deportivo municipal.
Para atender ditas necesidades e promocionar o deporte a todos os niveis, o Departamento de Deportes do Concello da Estrada leva a cabo as seguintes actuacións:
- Xestionar as instalacións deportivas municipais de forma directa asignando horarios, vixiancia e control, mantemento, limpeza, seguridade, etc.
- Desenvolver o programa municipal de deporte, que na actualidade está composto por: Escolas deportivas municipais, Campus Deportivo de Verán e Nadal, e Circuito de Carreiras “Corre a Estrada Corre”.
- Convocar programas de patrocinio mediante subvencións para clubs deportivos e deportistas individuais, así como colaboración para eventos e actividades deportivas: Adquirese un importante compromiso cos deportistas e clubs do Concello, conscientes da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas, dándolle verdadeira importancia o traballo por parte dos clubs á formación de novos deportistas e ó deporte de base.
José Ismael Pena Villamor (Concelleiro de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá).
Correo: ismaelpena@aestrada.es
David Carballo Calvelo (Técnico deportivo).
Teléfono: 986570030.
Correo: deportes@aestrada.gal
Dirección: Praza da Constitución, s/n
A Estrada (Pontevedra) C.P:36680