Concello da Estrada

Son dos arrieiros

Sempre quixemos ser cabeza de rato, nunca cola de león! E estamos seguros de telo conseguido: fomos o primeiro festival en celebrarse en pé nun recinto pechado trala pandemia (subidón); fixemos, sen sabelo, o concerto de despedida dunha das bandas máis importantes da nosa música: Novedades Carmiña (sic); programamos os indiscutibles cabezas dos carteis dos principais festivais actuais como The Rapants, Grande Amore ou Ortiga. Todo sempre rodeados do cariño e apoio de amigos que comprenderon o proxecto e a sua realidade no contexto. A escena musical galega está vivindo un dos momentos máis vibrantes da súa historia, tanto que os grupos emerxentes fanse oco merecidamente nas programacións habituais. Toca apoialos, mimalos e, por que non, presumir un pouco do nivel acadado pola nosa capacidade de creación. Temos proxectos punta de lanza en todo e canto estilo se vos pase pola cabeza. E eso é o mellor que nos podería ter pasado. Pero esto fai que a nós, na busca dese factor diferencial e xenuino que sempre nos moveu a actuar, se nos abra un periodo de reflexión cos ollos postos no 2025, onde presentaremos un novo formato baseado na escoita do público (vós) e do sector. Un festival máis cercano e participativo cunha experiencia máis personalizada. Non podíamos celebralo doutro xeito que con música, cun formato máis pequeno no continente pero co mesmo talento en contido! Luis Fercán, Carlos Ares e Señora dj daranse cita o 21 de setembro no Teatro Principal da Estrada para dar testemuño, unha vez máis, do incrible nivel que atesoura a nosa música. Seguimos contando co imprescinble patrocinio da Xunta de Galicia e co inestimable apoio do Concello da Estrada. Agardámosvos cos brazos abertos! 💙 21 de setembro| Teatro Principal | entrada libre ata completar o aforo! 

Scroll ao inicio
Skip to content