Concello da Estrada

Concello da Estrada en colaboración con Acción contra a Fame abren proceso para que te inscribas para participar na scape room

Por mor da alerta meteorolóxica aplázase a Escape Room para o venres 13 de setembro.

A Concellería de Xuventude en colaboración coa Fundación Acción Contra a Fame, abre prazo para participar na Escape Room que desenvolveremos ao aire libre na Estrada (centro urbán) o día 6 de setembro a partires das 18.00 horas.

A actividade está dirixida a persoas de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos e ten a finalidade de descubrir as HABILIDADES PARA RESOLVER CONFLICTOS E SITUACIÓNS COMPLICADAS que moitas veces temos pero que descoñecemos.

O número máximo de participantes será de 60 persoas e traballarase en grupos que deberán resolver 10 retos.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través da seguinte ligazón: https://bit.ly/escaperoomtalento

Se algunha persoa desexa recibir máis información ou quere inscribirse directamente no concello, tamén o pode facer chamándonos ao teléfono 986 677 740.

Non é requisito estar empadroado/a na Estrada para participar nesta actividade.

 Data e hora: 6 de setembro a partir das 18.00 horas

 Lugares: A Estrada, centro urbán

 Idades: 18-35 anos

Scroll ao inicio
Skip to content