Concello da Estrada

Maratón de cine de terror - PANIC

Maratón de cine de terror - PANIC


01/02/2024

O xoves 1 de febreiro ás 20.30h, na Casa das Letras, décima edición do Festival de Cine de Terror PANIC.

Unha edición dirixida preferentemente ao alumnado dos IES estradenses, organizado e apoiado polas concellerías de Cultura e Sanidade do Concello da Estrada como unha alternativa de ocio saudable para a xente nova. O programa está complementado cunha exposición pictórica de Manuel Fragoso titulada 26 Seres vivos e por unha sesión de lectura de microrrelatos protagonizada pola escritora Arantza Portabales. As entradas serán de balde ata completar a capacidade das salas.

20.30h / Casa das Letras
Inauguración da Exposición 26 Seres vivos
Manuel Fragoso

.

Scroll ao inicio
Skip to content