Concello da Estrada

Programación semanal

Parladoiro Literario – Yolanda Castaño

 

DÍA: xoves 23 de novembro

HORA: 20.30 h

LUGAR: Escenario do Teatro Principal da Estrada

XÉNERO: Parladoiro

CATALOGACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS

LINGUA: Galego

DURACIÓN: 60 min

ENTRADA: De balde (ata competar a capacidade da sala)

SINOPSE: Yolanda Castaño, unha das grandes referentes da poesía galega contemporánea, visita o Teatro Principal para charlar sobre a súa traxectoria vital e literaria. O acto irá acompañado dunha sinatura do poemario Materia que este ano recibiu o Premio da Crítica ao mellor libro publicado en lingua galega durante o ano 2022.

Brokeback Sabucedo  (paixón entre bestas) – Sal do Teatro

DÍA: Venres 24 de novembro

HORA: 21.00 h

LUGAR: Teatro Principal da Estrada

XÉNERO: Drama

CATALOGACIÓN: ADULTOS

LINGUA: Galego

DURACIÓN: 65 min

ENTRADA: 3,00€ (venda anticipada no Dpto. Cultura)

SINOPSE: Brokeback Sabucedo é un espectáculo de temática LGTBIQ+, situado no ámbito rural de Galicia no marco da Rapa das Bestas de Sabucedo. Conta a historia de Roi e Rafa, dous amigos da infancia que se atopan na Rapa e entre os que comeza a abrollar toda unha xeira de sentimentos que estaban ocultos. Unha amizade que rematará convertida en paixón. Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade sexual, unha homenaxe á tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.

Concerto da Banda Municipal da Estrada

DÍA: sábado 25 de novembro

HORA: 20.30 h

LUGAR: Teatro Principal da Estrada

XÉNERO: Música de banda

CATALOGACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS

DURACIÓN: 60 min

ENTRADA: De balde (ata competar a capacidade da sala)

SINOPSE: Un ano máis, a Banda Municipal da Estrada ofrece o seu tradicional concerto na honra de Sta Cecilia. Un concerto no que a agrupación presentará ao público estradense o seu novo repertorio e os novos membros da agrupación.

Scroll ao inicio
Skip to content