Concello da Estrada

Deporte

Cápsulas Outono Activo 2023

AEstradaDeporte,  presenta   as   cápsulas   outono   activo,   na   que   se presentan unha serie de actividades de carácter gratuito, abertas para toda a poboación, e que terán lugar nos meses de outubro e novembro.

Este programa deportivo, ten como principal obxectivo mellorar a saúde da cidadanía mediante a práctica de exercicio físico, traballando multidisciplinarmente en eventos consistentes en exercicio físico saudable, acondicionamento físico e deportes adaptados @s participantes.

Esta iniciativa fomenta o deporte e os hábitos non sedentarios, tendo en conta que calquera cantidade de actividade física é mellor que ningunha.

As cápsulas ofertan actividades durante seis xornadas, sendo a primeira o martes día 24 de outubro e a derradeira o martes día 31 de novembro.

Descargar información completa

Scroll ao inicio
Skip to content