Concello da Estrada

Servizos Sociais

Actividade para a prevención da dependencia - último cuadrimestre 2023

NOVAS SOLICITUDES

Dende o Departamento de Servizos Sociais, informase que o prazo de inscrición para aquelas persoas interesadas en programa de Actividades de prevención da dependencia no último cuadrimestre de 2023 e que non participaran no cuadrimestre anterior permanecerá aberto dende o 21 ata o 31 de agosto (ambos incluidos) 

PERSOAS QUE ESTÁN PARTICIPANDO

As persoas que xa participaran no primeiro cuadrimeste, só teñen que realizar o pago do último cuadrimestre (20€)

REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos ou contar con valoración de discapacidade. (33% ou máis)

As actividades que se están desenvolvendo son:

  • Taller de Xerontoximnasia
  • Taller de Memoria
  • Taller de Pilates

ÁMBITO URBANO

As prazas ofertadas segundo a actividade son as seguintes:

  • Xerontoximnasia 39 prazas libres
  • Pilates 15 prazas libres
  • Memoria 13 prazas libres

ÁMBITO RURAL

Os interesados poderán anotarse en aquelas parroquias nas que se están desenvolvendo a actividade.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

Departamento de servizos sociais en horario de 9:00 a 14:00

Ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada

Nº DE PERSOAS POR GRUPO

No caso de que o número de solicitudes supere a previsión de prazas por grupo, atenderanse as solicitudes segundo a seguinte orde de prioridades:

  1. Persoas empadroadas no concello
  2. Orde de entrada das solicitudes

DATA DE PAGO

O pago para os participantes inscritos durante o 1º cuadrimestre como para as novas incorporacións será do 21 ata o 31 de agosto.

Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais (de luns a venres en horario de 9 a 14:00) ou chamando ó teléfono 986 573 265.

Scroll ao inicio
Skip to content