Servizos Sociais
- Servizo de Atención Temperá
- Programa “+Benestar”2024 (antigo Depotermal)
- Actividade de “Baile galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Sanidade
- Centro de Información ás Mulleres (CIM)
- Servizo de Atención Temperá
- Programa “+Benestar”2024 (antigo Depotermal)
- Actividade de “Baile galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Sanidade
- Centro de Información ás Mulleres (CIM)
Consumo de drogas nos adolescentes
O que, nun principio, é considerado polo individuo como un instrumento controlable, para sentirse máis cerca do grupo e compartir experiencias cos iguais, se pode converter en causa dun proceso de marxinación, cando aumenta o consumo e converte ao usuario en drogodependente que sufrirá un rexeitamento social e o abandono daqueles que o apoiaban e animaban ao consumo.
É moi importante que os adolescentes aprendan a ver os distintos aspectos deste problema e a coñecer a cantidade de intereses que existen arredor das drogas e o gran negocio que supón para moitas persoas. As drogas supoñen unha fonte de ingresos económicos tan forte para os gobernos, que é moi complicado seguir unha política dura de loita contra ela en todos os casos. O adolescente debe aprender a tomar as súas propias decisións e a enfrontarse aos problemas. El decidirá se quere rexeitar ou non o consumo de drogas. Todos, como educadores, debemos facer que os adolescentes desenvolvan unha resistencia fronte ás drogas e substancias que poden crear dependencia: existen e seguirán existindo no futuro, a forma correcta de convivir con todo iso é facernos resistentes. Como? A continuación daremos algúns datos da presenza do consumo de drogas nas relacións dos adolescentes:
- Durante a adolescencia, existe unha importante asociación do tempo libre co consumo de certas substancias, especialmente o alcohol, e a facilidade para as relaciones persoais.
Está demostrado que máis do 70% do consumo de alcohol na xuventude, se realiza durante as fins de semana e nos períodos de vacacións, xa que asocian a diversión co consumo de alcohol.
- O tabaco é a droga máis consumida pola mocidade.
Sábese que máis do 80% dos adolescentes o probou, aínda que gran parte deles pensa que pode deixalo cando queira e que non supón un perigo para a súa saúde.
- O cannabis é a droga ilegal máis consumida entre os adolescentes.
Case a metade dos adolescentes do noso país recibiu nalgún momento a oferta de fumarse un porro de haxix, ben no centro escolar ou nos lugares de recreo. Cos programas de prevención de tabaco, conseguiuse, en moitos casos, que o inicio de consumo sexa máis tarde, ou non se produza; non obstante descoidamos ao consumo de haxix: hai moitos adolescentes que pensan que o tabaco é máis prexudicial cos porros, crea máis hábito, trae más secuelas, etc.
- É frecuente que os adolescentes se sintan por encima dos problemas que xera o consumo de drogas e digan que eles non se van enganchar e que por probar no lles vai pasar nada.
Está demostrado que hai drogas, como a heroína, que xeran tanta dependencia, que despois de ter sido consumidas máis de dez veces, xa poden ser problemáticas para os individuos.
- Outro problema que se esquece con frecuencia é o da automedicación nos adolescentes.
O consumo arbitrario de medicamentos pode ser causa de dependencia grave e cada vez aumenta máis o número de adolescentes que os toman para paliar estados de malestar, e incluso, para mellorar o seu aspecto físico.
- É moi importante sinalar a gran influencia que exerce o grupo de iguais nestes momentos de inicio no consumo de drogas.
A gran maioría dos adolescentes que se introducen no consumo de drogas legais ou ilegais (sobre todo cannabis), aducen estar motivados polo seu grupo. O consumo de drogas nesta etapa da vida é fundamentalmente colectivo. As drogas forman parte dos ritos para relacionarse socialmente e para sentirse parte integrante do grupo de iguais.