Concello da Estrada

Cultura

Valladares Núñez, Avelina

Biografía

Naceu en Vilancosta – Berres ( A Estrada) no ano 1.825.. Nace no seo dunha familia fidalga e posuidora dunha gran cultura. Porén estamos perante un ambiente totalmente propicio para a actividade artística. Po outra banda tamén estaba omnipresente un ambiente relixioso, algo que tamén marcará a súa poesía. Do 1.859 ao 1.865 desempeñará o cargo se Secretaría da Xunta Parroquial de Beneficiencia de Berres, e así no 1.864 será recompensada coa “ Cruz de Beneficiencia de segunda clase” e un diploma acreditativo en recompensa dos seus humanitarios servicios. Con todo, soubo sobrepoñerse ao ambiente hostil que lle poida supor o ser muller e escritora na época e da súa pluma comezou a abrollar literatura. Finou no ano 1.902, na casa de Vilancosta, onde pasara toda a súa vida, agás unha breve estadía, por mor do traballo de seu pai, en Zamora.

No ano 2.000 o Excmo. Concello da Estrada adicou o ano á lembranza da súa memoria.

Os seus poemas en galego foron publicados por separado en diferentes medios da época e algún deles en varios; así temos que apareceron en: “ Eco de Galicia”, de Buenos Aires, “ El Heralgo Gallego”, “Almanaque Gallego” de Buenos Aires, “ El Emigrado”, “ El Compostelano”, “ La Gran Patria” de Santiago… Finalmente aparecerán todos recompilados na obra de Xosé Luna Sanmartín, OND ´O SOL FACHEABA Ô AMAÑECER ( Ed. Fouce, 2.000).

Scroll ao inicio
Skip to content