Concello da Estrada

Cultura

Blanco Valdés, Roberto

Biografía

Nace na Estrada no ano 1.960, no seo dunha familia de marcada tendencia liberal e con nomeados intereses culturais. Cursou  o ensino primario e o bacharelato na súa vila natal, marchando logo a Compostela. Licenciado en Filoloxía Hispánica no 1.982 e rematando Filoloxía Galego – Portuguesa dous anos máis tarde. Na actualidade   é Técnico Editorial da Universidade Compostela e Secretario  da súa comisión de Publicacións, e Profesor do Departamento de Lingua Española da UNED de Pontevedra.

É patrono do “  Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela”.

A súa primeira obra publicada está enmarcada dentro do ensaio; así temos, LÉXICO EDITORIAL CASTELÁN-GALEGO ( Universidade de Santiago de Compostela, 1.993), HIPERTENSIÓN CÍVICA. Aproximación á vida e á obra de Roberto Blanco Torres ( Ed, do  castro, 1.998), ROBERTO BLANCO TORRES (  Xunta de Galicia, 1.999) e ROBERTO BLANCO TORRES ( 1.891 – 1.936) : Unha fotobiografía ( Ed.  Xerais de Galicia, 1.999),  para a continuación publicar dúas obras líricas: OS SIGNOS, AS MUDANZAS (   Deput. Provincial de Pontevedra, 2.001) e RUÍNAS (    Follas Novas, 2.003).

Tamén son moi a ter en conta os seus artigos e colaboracións, moi especialmente aqueles que teñen como tema central ao seu tío, Roberto Blanco Torres, publicados nas máis variadas revistas culturais, como. “   Verba “, “   Boletín Galego de Literatura”,  Revista Galega do Ensino”, “    Grial”,  “    A Estrada. Miscelánea histórica e Cultural “, “   Tabeirós Terra”…

Tamén foi o autor go “    Limiar”  á obra de Olimpio Arca, UNHA VOZ, MARY ISAURA (Asoc.  Fillos e Amigos da Estrada, 2.001).

Obras

Hipertensión civica Aproximación á vida e a obra de Roberto Blanco Torres

Autor: Blanco Valdés, Juan Luis
Xénero: Ensaio
Editorial: Ediciós do Castro
Colección: Documentos
Páxinas: 398
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-7492-905-9
Descripción: Roberto Blanco Torres foi unha das máis orixinais voces poéticas da súa xeración e verbo da súa actividade de constante axitación social, un nome absolutamente cimeiro do xornalismo de oponión en Galicia. O presente libro pretende rescatar e ofrecer ó ollo público a dimensión do seu labor intelectual, ético no xornalismo, estético no verso

Os signos, as mudanzas

Autor: Blanco Valdés, Juan Luis
Xénero: Poesía
Editorial: Deputación de Pontevedra
Colección: Tambo
Páxinas: 54 Tamaño: 54
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-8457-068-1

Roberto Blanco Torres

Autor: Blanco Valdés, Juan Luis
Xénero: Biografia
Editorial: Xunta de Galicia
Colección: A nosa memoria
Páxinas: 123
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-453-2373-3
Descripción: “…Periodista, cronista dunha difícil época, esforzado defensor dunha terra sempre necesitada de homes entregados á súa defensa e desenvolvemento, Roberto Blanco Torres non é menos por iso un sensible poeta e escritor, dunha calidade, entusiasmo e profundidade que o fan digno merecedor da homenaxe, da honra e do estudio de tódolos galegos amantes da súa lingua”…(Manuel Fraga Iribarne)  Roberto Blanco Torres. Xornadas de alerta e agonía Autor: Blanco Valdés, Juan Luis Xénero: Ensaio Editorial: Xerais Colección: Letras Galegas Páxinas: 109 Encuadernación: Rústica ISBN: 84-8302-356-3 Descripción: Neste libro colectivo, preparado por Juan L.Blanco Valdés, Xosé Manuel Núñez Seixas, Ramón Nicolás Rodríguez e Marcos Valcárcel López, ofrécense catro asequibles análises que pretenden actualizar e situar no seu xusto lugar e dimensión creativa e humana a Roberto Blanco Torres e máis o tempo que lle tocou vivir.

Roberto Blanco Torres. Xornadas de alerta e agonía
Autor: Blanco Valdés, Juan Luis
Xénero: Ensaio
Editorial: Xerais
Colección: Letras Galegas
Páxinas: 109
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-8302-356-3
Descripción:
Neste libro colectivo, preparado por Juan L.Blanco Valdés, Xosé Manuel Núñez Seixas, Ramón Nicolás Rodríguez e Marcos Valcárcel López, ofrécense catro asequibles análises que pretenden actualizar e situar no seu xusto lugar e dimensión creativa e humana a Roberto Blanco Torres e máis o tempo que lle tocou vivir.

Ruínas

Autor: Blanco Valdés, Juan Luis
Xénero: Poesía
Editorial: Follas Novas
Colección: Libros da Frouma
Páxinas: 82
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-85385-78-0
Descripción: RUÍNAS dun tempo ido, dun momento que xa é pasado, do recendo dalguén a quen amamos e xa non nos pertenece. Tecemos o noso poema, grandioso ou miserento, apaixonado ou rendido do noxo, sobre ruínas disfrazadas de presente, galgando, sen mirar atrás, a lombos da esperanza de renacernos como o fénix. Eu escribo a crónica do meu tempo para encher anecdotarios nos que o aire é anhídrico carbónico e metano probable o chan que piso. Escribo, por exemplo, para a alama da tía que era tonta e un bo día foi un corpo pendurado dunha corda ou, para consagrar o acto do soldado que bica a un neno en zona de guerra e ó día seguinte é asasinado. Ruínas. Escribo, en fin, para interrogarme sobre as claves da felicidade e do infortunio. Dende o máis estricto anonimato escribo, buscándome, con desgana, probablemente lamentando ter escrito algunha vez.

Scroll ao inicio
Skip to content