Trámites
Recollida e Tratamento de Lixo - Alta no servizo
Que é ? | A recollida e tratamento de lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servizos e unha prestación de recepción obrigatoria. Considérase lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos os restos e desperdicios de alimentación ou detritos procedentes da limpeza normal dos locais ou vivendas. Exclúense de tal concepto os residuos de tipo industrial, entullos de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos, e que a súa recollida ou vertido esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade Os materiais voluminosos son obxecto dun servizo especial publicitado a través de Bandos, nos que se indica as datas e condicións de uso do mesmo. |
---|---|
Quen o pode solicitar ? | As persoas físicas ou xurídicas que ocupen ou utilicen as vivendas ou locais situados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nos que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario ou de usufrutuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario. |
Onde se solicita ? | Nas Oficinas Xerais do Concello. |
Que documentos hai que presentar ? | Solicitude de alta dirixida ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello. |
Canto custa ? | As tarifas para as vivendas e locais de aplicación nas zonas urbanas e rural figuran no artigo 6 da ordenanza correspondente Existen bonificacións do 50 % para parados ou xubilados que cumpran determinadas condicións e do 95% para as persoas inscritas no Padrón de Beneficencia Municipal. |
Cando se pode solicitar ? | En calquer momento. |
Outra información de interese | Pola súa comodidade, suxerímoslle a conveniencia de cumprimentar o impreso de domiciliacion bancaria. – Baixa no servizo de recollida de lixo. – Servizos de suministro de auga e sumidoiros. – Na zona urbana o recibo ten periodicidade bimestral e comprende xunto coa taxa de recollida de lixo, a da auga e a da rede de sumidoiros. Na zona rural o recibo e semestral. – Ordenanza fiscal da taxa de recollida e tratamento de lixo. |